CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Festival Salvamontes

14nov19:0419:04Festival Salvamontes19:04 - 19:04(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Comunidade de Montes de Tameiga e a plataforma Ulloa Viva únense para celebrar o 15 e 16 de novembro o I Festival Salvamontes no que participarán artistas como Flow do Toxo, Son Iou ou Ruxe Ruxe.

O I Festival Salvamontes xurde como resposta á ameaza de desenvolvemento de sendos macroproxectos económicos e comerciais cun elevando impacto en áreas naturais, ambos co apoio da administración autonómica. No caso da Comunidade de Montes de Tameiga, o GS360 que promove o grupo GES da familia Mouriño, tamén propietaria do Real Club Celta; en Palas de Rei, a celulosa portuguesa Altri. O festival busca informar e concienciar do profundo dano que causarían estes proxectos.

O festival desenvolverase o 15 e 16 de novembro na Sala Rebullón cun cartel composto ao 100% por artistas galegos. Na xornada do venres soará o rap reivindicativo do grupo de Chantada Tiam GZ, desde o o dembow á muiñeira, ningún ritmo se lles escapa. Tamén subirá ao escenario da Rebullón Flow do Toxo, grupo integramente feminino, presenta o seu primeiro traballo, ‘Aquí están as que ghritan’, un berro persoal e colectivo desde o rural, co rap como forma de reivindicación directa e sen complexos. Completa a xornada do venres Willow GHZ é o pseudónimo de Darío Burgo, un dos artistas emerxentes máis interesantes da escena musical urbana en Galicia. Outras tres formacións subiranse ao I Festival Salvamontes pola defensa da terra na xornada do sábado. O Leo de Matamá é coñecido polo seu estilo irreverente, mesturando rock, punk e influencias da cultura popular galega, con temas humorísticos e satíricos, sempre con toques de retranca galega. Sun Iou é a gran promesa e revelación do rock&roll en galego. Procedentes do barrio vigués de Teis, a banda está a presentar o seu primeiro traballo, ‘Agora’. Por último, os composteláns Ruxe Ruxe, clásicos e referentes da escea rock e punk galega, con preto de trinta anos de exitosa traxectoria. As entradas de carácter solidario xa están á venda online e na cantina do CSCD As Pedriñas, tanto os tickets dun só día por 10,00 €, como o abono desde15,00 € en anticipada. Na billeteira, 18,00 € o abono e 13,00 €a entrada dun día.

Máis

Hora

14 novembro, 2024 19:04 - 19:04(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events