
19nov22:00Festival Rock & SoulCONCERTOS | Desde 12,00€22:00 Sala Master Club
Detalles do eventos
Sala Master e El Bandoneón Café Bar organizan o festival de música Rock & Soul o vindeiro venres 19 de Novembro ás 22:00 horas. O evento contará coa
Festival Rock & Soul
Sala Master e El Bandoneón Café Bar organizan o festival de música Rock & Soul o vindeiro venres 19 de Novembro ás 22:00 horas. O evento contará coa actuación de tres bandas: Soul to go, High Fidelity Band e La Chata Soul.
Soul to go é unha agrupación nada nas jam session de blues viguesas no ano 2019. O seu principal obxectivo foi sempre o de rescatar xoias da cultura musical afroamericana e crear un repertorio orixinal coas mesmas raíces.
Fidelity Band tamén será unha das banda protagonistas do evento co seu repertorio de rock nacional e internacional. Ademais, poñeralle un toque roquero e elegante á velada.
La Chata Soul é un proxecto musical que nace no ano 2016 co obxectivo de gozar facendo musica a través de versións pouco habituais de Street Funk, Soul e Blues.
Todos os interesados en asistir ao evento poderán facelo comprando previamente a súa entrada a través dos números de teléfono 676 641 322 ou 620 486 995. A entrada anticipada ten un custo de 12€ mentres que a entrada en taquilla custa 15€. Ademais, tamén podes comprala nalgún dos puntos de venda asociados: La Bataca, El Bandoneón e La Despensa de Castela.
Máis
(Venres) 22:00
Sala Master Club
Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra