CONGRESO MAR >

20mai19:30Festival Pint of Science: 'PINT KIDS'PEQUECHOS | De balde19:30(GMT+02:00) Vigo

Detalles do eventos

Os días 18, 19 e 20 de maio, Vigo sumarase unha vez máis ao festival de divulgación científica Pint of Science. Este evento gratuíto, que cumpre a súa undécima edición en España, busca sacar a ciencia das súas contornas habituais e levala aos bares para propiciar un diálogo directo e accesible entre os investigadores e a sociedade.

Entre os relatores desta edición na cidade atópanse María Mayán, que exporá os avances recentes na investigación do cancro, os baleiros de coñecemento actuais e os retos para a súa cura ou cronificación; Antonio Figueras, quen explicará a capacidade de supervivencia do mexillón en condicións extremas e as leccións que aporta á ciencia; e Saida Ortolano, que analizará os desafíos no estudio das enfermidades raras e a súa importancia para entender afeccións máis comúns.

As actividades desenvolveranse a partir das 19:30 horas en dous establecementos:

BAR CASTRO

  • 18 de mayo: ‘Aprendendo do mar: a ría a través do pH e a adaptación do mexillón’ – O océano é un laboratorio vivo cheo de historias sorprendentes. As técnicas actuais permiten utilizar datos para seguir a evolución química do mar e entender como cambian os parámetros ao longo do tempo, axudándonos a comprender o impacto ambiental nos ecosistemas mariños. Ademais, achegarémonos a un dos habitantes máis fascinantes e aparentemente discretos das nosas costas: o mexillón. Aínda que parece un organismo simple, é un auténtico experto en supervivencia, capaz de resistir condicións extremas sen os mecanismos inmunolóxicos que asociamos a animais máis complexos.
  • 19 de maio: ‘Como construímos (e rompemos) o significado’ – Exploraráse a comunicación humana desde dúas perspectivas: os malentendidos analizados desde a sociolingüística e a teoría das dúas culturas, e o estudo sobre fragmentos que, aínda que non seguen a estrutura suxeito + predicado, cumpren unha función comunicativa completa.
  • 20 de maio: ‘Secretos do universo e as súas pequenas moléculas’ – Nesta sesión amósase como o invisible pode axudar a comprender o universo e mellorar a saúde humana. As pequenas variacións nos isótopos de metais permiten detectar cambios no corpo relacionados con distintas enfermidades. O público tamén poderá mergullarse na biotecnoloxía para a transformación dos residuos de peixe en pequenas moléculas, os péptidos, pezas básicas das proteínas capaces de contribuír a unha alimentación máis saudable e sostible.

CAFÉ DE CATRO A CATRO

  • 18 de maio: ‘Do acento local ao mercado global’ – Iníciase unha viaxe recoñecendo o galego falado en Vigo e a proxección internacional da marca Galicia. A través dunha análise das características lingüísticas propias do galego vigués e da súa situación sociolingüística actual, reflexionarase sobre a vitalidade da lingua no ámbito local. Ao mesmo tempo, abordarase o papel fundamental da tradución no comercio internacional, amosando como a adaptación lingüística e cultural resulta clave para impulsar a presenza dos produtos galegos nos mercados exteriores e fortalecer a marca Galicia no mundo.
  • 19 de maio: ‘Do dato sensible ao edificio intelixente’ – Nesta sesión explórase como a intelixencia artificial está evolucionando cara a modelos máis seguros e colaborativos, capaces de aprender sen necesidade de compartir datos sensibles, abrindo novas posibilidades para protexer a privacidade nun mundo cada vez máis dixital. Tamén se descobre como a enxeñaría e as novas tecnoloxías de captura 3D, como o LiDAR, permiten analizar estruturas aparentemente inmóbiles para entender como responden ao paso do tempo, ao clima e á súa contorna.
  • 20 de maio: ‘Entre oncoxénese e enfermidades lisosómicas’ – Os avances en biomedicina están revelando novos coñecementos sobre o cancro e as enfermidades raras, dous ámbitos diferentes que comparten preguntas fundamentais sobre o funcionamento das células. Nesta sesión falarase do que a ciencia descubriu nas últimas décadas, dos misterios que aínda quedan por resolver e dos retos que afronta a investigación para lograr tratamentos máis eficaces e personalizados. Ademais do cancro, mostrarase como o estudo de enfermidades pouco frecuentes, como as enfermidades lisosómicas, permite comprender procesos celulares esenciais.

O programa local consta dun total de 14 charlas científicas impartidas nunha linguaxe sinxela e próxima. Os bloques temáticos abarcan disciplinas diversas, desde a tecnoloxía, a biomedicina e a química, ata a lingüística e o estudio do planeta. Ademais, organizaranse diferentes actividades para amenizar os descansos entre as intervencións.

Como novidade nesta edición, o festival incorpora por primeira vez en Vigo o espazo ‘Pint Kids: Ciencia miúda’, dirixido a menores de entre 8 e 12 anos co fin de promover o interese polas materias STEM.

  • Data e hora: Martes 19 de maio ás 17:30 horas.
  • Lugar: Café De Catro a Catro.
  • Contido: Combinaranse charlas adaptadas e obradoiros prácticos. O programa inclúe as intervencións ‘Comida lista, ciencia lista: seguridade no teu prato’ (por Raquel Nogueira) e ‘Ciencia para coidar a auga do futuro’ (por María Pazo Rodríguez).
  • Inscrición: Para garantir o correcto desenvolvemento dos grupos, esta actividade infantil require inscrición previa a través da web oficial.

A nivel nacional, Pint of Science España mobilizará a 1.300 investigadores e investigadoras en 114 cidades e vilas. Unha das principais apostas deste ano é a inclusión de 29 novas localizacións en áreas rurais para reducir a fenda de divulgación nas zonas menos poboadas, facilitando ademais que científicos que traballan fóra dos seus lugares de orixe regresen temporalmente a compartir as súas liñas de investigación.

A nivel global, o festival celébrase de forma simultánea en 27 países dos cinco continentes, comezando as xornadas en Australia.

Hora

20 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

Vigo

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events