BannerEscolasInfantis
bannerSGPL

marzo, 2020

23mar(mar 23)10:00Festival online Mujeres de cineFESTIVAIS E FEIRAS | 6,00 €10:00

Máis

Detalles do evento

Nace a primeira edición do Festival Online Mujeres de Cine. Por menos de seis euros poderás ver 15 películas recentes dirixidas por talentosas cineastas femininas, moitas delas con destacadas traxectorias en festivais e outras citas internacionais como Belén Funes, María Antón, Annia Gabarró ou Camila José Donoso. Producións de cinco países: España, Costa Rica, Chile, México e Portugal, que se reparten entre títulos de ficción e documentais. “Unha ocasión única para coñecer outras miradas, descubrir opcións en ocasións inaccesibles pero moi recoñecidas, e participar co seu voto de forma activa nun certame que busca consolidar novos referentes. Unha oportunidade única que vos animamos a aproveitar”, animou Ana Palacios, directora do certame.

Como espectadores dispoñeredes de nove días para gozar da sección oficial a partir do momento de adquisición do abono do festival, que se celebra entre o 23 e o 31 de marzo, e a oportunidade de votar para elixir o Premio do Público dotado con 1.000€, un galardón que se fará público o 1 de abril.

Filmes:

-<3

-Ainhoa, yo no soy esa

-El despertar de las hormigas

-Hayati (mi vida)

-la hija de un ladrón

-La portuguesa

-La vida sin Sara Amat

-Les Perseides

-Mudar la piel

-Nona. Si me mojan, yo los quemo

-Ojos negros

-Paradise Hills

-Rêve de Mousse

-Una corriente salvaje

-Varados

Hora

23 (Luns) 10:00

X