VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival Nas Ondas: Trío clarinete, violonchelo e piano

29out20:00Festival Nas Ondas: Trío clarinete, violonchelo e pianoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O pasado 10 de febreiro comezaba #NASONDAS2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademáis na celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven un eixo temático destacado. A data de remate prevista era o pasado 4 de xuño. Non obstante, debido á aparición da COVID-19, numerosos eventos do mesmo tiveron que ser aprazados. Por iso, o #CSMV reprograma no mes de outubro algúns dos eventos non realizados na data prevista inicialmente.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo quere que a reprogramación do Festival NAS ONDAS, neste momento de tanta incerteza, sirva tanto para apoiar ao ámbito cultural como para constatar a importancia que a propia institución ten nel.

Trío Trío clarinete, violonchelo e piano
Esteban Valverde, clarinete
Ana Torres, violonchelo
Cristina García, piano

Esteban Valverde
Iniciou os seus estudos de clarinete con Francisco Pérez Rodríguez noConservatorio Superior de Música de Vigo, onde rematou coa Primeira Mención Honorífica. Perfeccionou os seus estudos de clarinete cos profesores Danny Granados, Antonio Saiote e Alois Brandhofer en Nova Iorke, Porto e Salzburgo respectivamente. Tomou cursos de perfeccionamento cos profesores: Joan E. Lluna, M. Espejo, José L. Estellés, W. Boeykens, L. Passin, M. Zukovsky, Yehuda Gilad, Guy Deplus, R. Stolzman e Wolfgang Meyer. Desde 1992 é profesor de clarinete en diferentes centros do Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Ensinou nos Conservatorios Profesionais de Pontevedra, Ourense e Vigo, en cuxo centro foi director desde o ano 2003 ata o 2015. Foi asesor da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desde o ano 2008 ata o 2011. Desde o 2015 é profesor de clarinete e director no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Foi membro da Xoven Orquestra de Galicia dende o ano 1987 ata 1991. Foi convidado coa Orquestra Municipal da Coruña, Orquestra Cidade de Málaga e Orquestra Cidade de Barcelona e Nacional de Cataluña. Foi membro fundador e clarinete da Orquesta Sinfonieta de Vigo. É Doutor en Didácticas Especiais pola Universidade de Vigo e Profesor “Honoris causa” pola Academia Nacional de Música de Ucraína. Esteban Valverde toca con clarinetes Selmer “Privilege”.

Ana Torres
Nace en Vigo no seo dunha familia de tradición musical e inicia a temprana idade os estudos de piano que pronto simultanea cos de violoncello. Con este instrumento finaliza o grao superior en 1996 obtendo as máximas calificacións baixo a supervisión do profesor Dalibor Sebestik e a pedagoga e concertista Maria de Macedo. Máis tarde perfecciona a súa técnica e formación musical con maestros como Josep Basal, Elías Arizcuren, Charles Tunel, Mihail Jomitzer…. etc. Do seu labor didáctico cabe sinalar a súa participación nos cursos de verán do conservatorio de Melide e a súa tarefa docente nos conservatorios Profesionais de música de Ferrol, Ourense e Pontevedra. Coma intérprete cabe sinalar a súa participación na Orquestra Clásica de Vigo e como bolseira na “Joven Orquesta Nacional de España”, ademáis de recitais coma solista e integrante de formacións camerísticas e a participación na gravación de B.S.O de curtometaxes e agrupacións de tipo folclórico como “Armeguín”, na que participou na gravación do CD do mesmo nome, co grupo Milladoiro, na xira da obra “Iacobus Magnus” e coa mezzosoprano Nuria Lorenzo na gravación do CD “Lembrándote” e o CD xunto ao Coro Universitario de Vigo. Forma parte dende 1991 do dúo de violocello e piano xunto ao pianista Carlos E. Pérez, co que actúa en distintas salas da xeografía galega. Dende o ano 2008 é profesora de Violonchelo no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Cristina García
Nace en A Guarda, onde comeza os seus estudios musicais. Posteriormente, no Conservatorio Superior de Música de Vigo obtén as titulacións de Profesor Superior de Piano (1990), Solfexo, Teoría da música, Repentización e Acompañamento (1992), e Música de Cámara (1997), así como a de Profesor de Harmonía, Contrapunto, Composición e Instrumentación (1995). En 2015 finaliza o Máster en Innovación e Investigación en Educación, na UNED. Na súa actividade concertística como pianista solista, cómpre destacar a súa participación no Festival Are More, en Vigo (2008). En canto á actividade camerística, participa en concertos como membro de diferentes agrupacións, especialmente en dúo de piano con clarinete, frauta, fagot ou saxofón. Ademais, é pianista acompañante en distintos cursos de interpretación instrumental ou Masterclass con profesores como Arno Piters ou Lorenzo Guzzoni, participando así mesmo en concertos con mestres como Jean Pennings, Oskar Ruiz-Espina, Rocco Parisi… No campo da música vocal, participa en concertos con diferentes solistas como Josefina Meneses, Carmen Hernández ou Santiago Sánchez Jericó, así como en Festivais como o Festival de Ópera e Zarzuela, en Vigo. Dende 2018 é Catedrática da especialidade de Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events