BannerEscolasInfantis
bannerSGPL

marzo, 2020

16mar20:00Festival NAS ONDAS: O piano hoxeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Auditorio Martín Códax

Máis

Detalles do evento

O martes 18 de febreiro dará comezo DE PIANO, ciclo que forma parte do festival NAS ONDAS 2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e que, como o seu nome indica, está dedicado ao piano. A entrada é de balde ata completar aforo, igual que nos restantes concertos do festival Nas Ondas.

O ciclo, que está protagonizado por alumnos e profesores do CSM de Vigo, ofrécenos 6 concertos e un evento organizado pola marca de pianos Yamaha. Todos eles terán lugar no Auditorio Martín Códax do citado centro vigués ubicado na rúa Manuel Olivié, 23..

ACTIVIDADE YAMAHA: Luns 16 de marzo de 2020, 20.00 h.

O piano hoxe é unha actividade de Yamaha na que, a través de diferentes pianos, descubrimos o funcionamento e a evolución do Piano. Os pianos actuais integran posibilidades que fai anos eran difíciles de imaxinar pero que hoxe en día son unha realidade grazas á continua investigación e innovación dos artesáns e enxeñeiros de Yamaha. A través desta charla-taller invitámoste a vir a coñecer os pianos máis representativos de nosos días da man de expertos de Yamaha, que ademáis responderán todas as túas dúbidas e preguntas.

Hora

(Luns) 20:00

Lugar

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

X