bannerPicnicSesions

Festival Nas Ondas: Bolboreta

08out20:00Festival Nas Ondas: BolboretaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O pasado 10 de febreiro comezaba #NASONDAS2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademáis na celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven un eixo temático destacado. A data de remate prevista era o pasado 4 de xuño. Non obstante, debido á aparición da COVID-19, numerosos eventos do mesmo tiveron que ser aprazados. Por iso, o #CSMV reprograma no mes de outubro algúns dos eventos non realizados na data prevista inicialmente.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo quere que a reprogramación do Festival NAS ONDAS, neste momento de tanta incerteza, sirva tanto para apoiar ao ámbito cultural como para constatar a importancia que a propia institución ten nel.

Bolboreta
Ensamble Verxel
Emma Alonso Ramonet, violín; Alba Novoa González,viola;
Sabela Vázquez Ramos, cello; Melissa David Álvarez, clarinete;
Estefanía Fernández Agulla, frauta; Tania Justo Román, piano;
Gabriel Vázquez Fernández, bailarín; África Suárez Costas, bailarina.

Unha performance na que se establecerá un paralelismo entre a transformación dun ovo de verme nunha bolboreta, coa transformación dunha relación nun inferno. A través das diferentes fases de metamorfose expresarase a historia dunha víctima de violencia machista. Unha denuncia do maltrato, o machismo e o patriarcado levada a todos os públicos a través dunha historia que sucede de maneira cotiá, e explicada a través dun proceso tan sinxelo, visible e clarividente como é a vida dunha bolboreta de seda. Cando unha futura víctima coñece ó rapaz, el é unha persona detallista e cariñosa, máis é só un lobo con pel de cordeiro que permanece aparentemente inactivo durante o verán, outono e inverno coma o ovo dun verme. Igual cunha eclosión en primaveira, comezou a descubrirse. Coma se estivese mudando de pel e creando o seu capullo no que ela normaliza as conductas posesivas que vive. Convírtese ós poucos nunha noiva totalmente sumisa e chega ó medio dunha envoltura de fío de seda na que calqueira conversación cunha amiga ou familiar vóltase un motivo de bronca, e non querer ensinarlle o móbil unha oportunidade para darlle o primeiro bofetón. Ela atópase anulada e actúa por medo. Cando reúne forzas suficientes e xa non pode con máis golpes, decídese a rematar coa relación e denuncialo todo. Rompe o capullo e convírtese en Bolboreta, mais non será fácil voar. Desprender as ás costaralle, tanto cara unha reconstrucción persoal coma para a propia liberdade de borrar o seu pasado, que podería perseguila ata a morte… o triste final da verdadeira Bolboreta de seda.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events