FAITE AMOVIDALOVER

25feb20:00Festival Nas ondas: 6TH INTERNATIONAL CLARINET WEEK CSM VIGO 2026 - CONCERTO EXTERNOfestivais e feiras| -20:00(GMT+01:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

O Conservatorio Superior de Música de Vigo acollerá entre o 3 de febreiro e o 5 de xuño de 2026 o XI Festival de Música e das Artes NAS ONDAS 26, cunha programación composta por 52 actividades de acceso libre ata completar aforo. O festival inclúe concertos, talleres, clases maxistrais, relatorios e propostas divulgativas que abranguen distintos estilos, épocas e linguaxes artísticas.

A programación estrutúrase en varios ciclos temáticos: Música Antiga, Piano, PercusiónFest, Saxornadas, Son Erasmus, Música Tradicional, Letras Galegas ou a conmemoración do Día Internacional da Muller, combinando creación contemporánea, repertorio histórico e proxectos interdisciplinares. O programa completo, que vai de febreiro a xuño, pode consultarse na web do conservatorio.

Entre as propostas destacan tanto actuacións de intérpretes e agrupacións convidadas como a participación do profesorado e alumnado do propio centro. Ademais, o festival incorpora actividades formativas e de reflexión arredor da xestión cultural, a igualdade, a accesibilidade e a relación entre música e sociedade. Como novidade, NAS ONDAS 26 estenderá parte da súa programación a outros espazos culturais de Vigo e da provincia, ampliando así o seu alcance e achegando a música e as artes a un público máis amplo.

Mércores 25 ás 20h no Vitruvia Café – 6THINTERNATIONALCLARINETWEEKCSMVIGO2026 – CONCERTO EXTERNO. Anton Dressler (clarinete).

Xoves 26 ás 20h no Auditorio Martín Códax – CONCERTO6thINTERNATIONALCLARINETWEEK. Profesorado e alumnado invitado.

Hora

25 febreiro, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events