Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo acollerá entre o 3 de febreiro e o 5 de xuño de 2026 o XI Festival de Música
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo acollerá entre o 3 de febreiro e o 5 de xuño de 2026 o XI Festival de Música e das Artes NAS ONDAS 26, cunha programación composta por 52 actividades de acceso libre ata completar aforo. O festival inclúe concertos, talleres, clases maxistrais, relatorios e propostas divulgativas que abranguen distintos estilos, épocas e linguaxes artísticas.
A programación estrutúrase en varios ciclos temáticos: Música Antiga, Piano, PercusiónFest, Saxornadas, Son Erasmus, Música Tradicional, Letras Galegas ou a conmemoración do Día Internacional da Muller, combinando creación contemporánea, repertorio histórico e proxectos interdisciplinares. O programa completo, que vai de febreiro a xuño, pode consultarse na web do conservatorio.
Entre as propostas destacan tanto actuacións de intérpretes e agrupacións convidadas como a participación do profesorado e alumnado do propio centro. Ademais, o festival incorpora actividades formativas e de reflexión arredor da xestión cultural, a igualdade, a accesibilidade e a relación entre música e sociedade. Como novidade, NAS ONDAS 26 estenderá parte da súa programación a outros espazos culturais de Vigo e da provincia, ampliando así o seu alcance e achegando a música e as artes a un público máis amplo.
Xoves12 ás 20h no Auditorio Martín Códax – SONERASMUS–DOCENTES UCRANIA. CONCERTOS POLA PAZ. Docentes da
Ukrainian National Tchaikovsky Academy of Music – Kiev e da Kharkiv “I.P. Kotlyarevsky” National University Of Arts. Ihor Sediuk (piano), Oleh Kopeliuk (piano), Natalia Polikarkova (soprano), Bohdan Rumiantsev (cello) e Stanislav Pavlovych (clarinete).
Xoves19 ás 20h no Auditorio Martín Códax – EXPLURART – (DI) VERSOS FEMENINOS.MÚSICADE JUANDURÁN. Nuria Lorenzo (mezzosoprano) eAlejo Amoedo (piano).
Martes 24 ás 20h no Auditorio Martín Códax – EXPLURART – LUGARES COMÚNS 20 ANOS DESPOIS. Manuel Morales (frauta) e Ahmed Dickinson Cárdenas (guitarra).
Mércores 25 ás 20h no Vitruvia Café – 6THINTERNATIONALCLARINETWEEKCSMVIGO2026 – CONCERTO EXTERNO. Anton Dressler (clarinete).
Xoves 26 ás 20h no Auditorio Martín Códax – CONCERTO6thINTERNATIONALCLARINETWEEK. Profesorado e alumnado invitado.
Hora
6 febreiro, 2026 12:19(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

