Detalles do eventos
O Festival Kerouac cumpre quince anos consolidándose como un dos grandes encontros poéticos e artísticos da Península. Desde a súa primeira edición en 2010, converteu a cidade de
Detalles do eventos
O Festival Kerouac cumpre quince anos consolidándose como un dos grandes encontros poéticos e artísticos da Península. Desde a súa primeira edición en 2010, converteu a cidade de Vigo nun espazo de encontro entre poetas, performers, músicos e artistas visuais de todo o mundo. Ao longo da súa traxectoria, o Kerouac abriu camiños de diálogo entre linguaxes e xeracións, situando a poesía como motor de transformación cultural. Hoxe, Vigo é unha cidade un pouquiño máis aberta, máis poética e máis conectada co mundo. O Kerouac enriquece a vida cultural da cidade e proxecta a súa imaxe a nivel internacional, reforzando a identidade de Vigo como cidade literaria e creativa.
Este ano, o festival recupera o formato de catro días de eventos, con presentación de libros, performances multimedia, proxeccion de documentais, concertos na rúa ou actuacións en museos, construindo unha ponte que se extende polo océano ata Nova York e Cidade de México. Este mes de outubro, en Vigo, encendese o faro da poesía.
PROGRAMA:
Mércores 15 Outubro
Auditorio Concello de Vigo. 19:30 a 21:00h
Presentación “El Poeta vs. La Máquina”
Performance multimedia e presentación do libro de Editorial Elvira
Firma de libros polo autor
Entrada Libre ata completar aforo
Xoves 16 Outubro
Multicines Norte. 19:30 a 21:00h
Proxección Road Movie “Sal & Dean: tras los pasos de Kerouac”
Charla coloquio coa directora Rosa García e o productor Jordi Carbonell
Entrada 5€. Pódese mercar na taquilla do cine
Vernes 17 de Outubro
El Corte Inglés. Marquesina Gran Vía. 19:30 a 21:30h
Concertos de: Najla Shami, Malvares, Verdeoir e Nueva Tragedia
Presentado por Marcos de la Fuente
Asistencia libre. Haberá cadeiras para sentarse
Sábado 18 Outubro
Museo MARCO Vigo. Auditorio. 19:30 a 21:30h
Concertos de:
– La Sole e El Hombre Viento
– Annalisa Marí como Lenore Kendel
– Alberto Avendaño e Manolo Romón presentando Molotov
– Olalla Cociña
Entrada 10€. En taquilla no museo ou eventbrite.com
Hora
15 outubro, 2025 19:30 - 18 outubro, 2025 21:30(GMT+02:00)
Localización
Vigo
36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



