Festival Kerouac
21out(out 21)19:30Festival KerouacFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:30(GMT+02:00) Museo Marco
Detalles do eventos
O 19, 20 e 21 celébrase a 13ª eidicón do Festival Kerouac en diferentes espazos da cidade. Programación
Detalles do eventos
O 19, 20 e 21 celébrase a 13ª eidicón do Festival Kerouac en diferentes espazos da cidade.
Programación
XOVES 19 de outubro – Casco Vello Alto, 19:30h
O festival comeza no Casco Vello Alto, na Praza do Abanico, onde se atopa a asociación cultural Évame Oroza. No centenario do poeta Carlos Oroza, o festival (que xa celebrou a Oroza na súa edición neoiorquina en maio deste ano) volve a renderlle homenaxe nun evento moi especial, con dous artistas da poesía que estrean as súas novas propostas líricas.
O rapsoda Malvares de Moscoso presenta o seu último traballo O deserto dos Leoes, un disco de hip hop en galego, producido polo músico J. CNNR desde Arteixo. Seis cancións inspiradas no traballo do poeta Mario Regueira. A poeta viguesa Oriana Méndez presenta o seu novo poemario, Chairas Sucesións, unha conversación sobre o amor onde se confunden o real e o imaxinado, e que está a piques de ser publicado pola editorial Chan de Pólvora.
VENRES 20 de outubro – El Corte Inglés, 19:30h
A segunda xornada do festival desenvólvese na sétima planta do Corte Inglés, no espazo que se atopa á beira da terraza. Alí poderemos gozar da poesía do madrileño Mario Obrero, o fenómeno poético que vén asombrando ao mundo literario do noso país. Poeta máis novo en gañar o Premio Loewe, impresiona escoitar a súa voz poética, chea de referencias e matices. O seu programa en Televisión Española Un país para leerlo levoulle a coñecer a poetas de toda a nosa xeografía, e o seu gran amor por Lorca ata Nova York en reiteradas ocasións. Recita en todos os idiomas do estado e o seu alcance lírico traspasa a páxina para namorar á audiencia. “Lorca renacido, o Rimbaud do século XXI, o Mozart da poesía”, comentou Marcos de la Fuente sobre este novísimo artista.
Tradutora e filóloga, Montse Villar lerá poemas dos seus libros Sulagar o soño e Os abrazos do mar, edicións bilingües da editorial Lastura. Carmeliña García é unha poeta atípica, que se crece na declamación e a lírica oral, un ciclón no escenario que recita co corazón na boca do estómago. O poeta Alberto Avendaño, do grupo pioneiro Rompente, emigrante retornado tamén construtor de pontes, acompáñase do músico Pepe Bordallo para xogar coas cordas e as palabras, nunha revisión do seu Caosmos persoal.
SÁBADO 21 de outubro – Museo MARCO, 19:30h
No Museo MARCO reúnense a música, a poesía e a performance. Desde Barcelona viaxa Lola Nieto, poeta e performer experta en cultura oriental, especialmente no Xapón, que nos trae a súa peza Caracol, unha investigación sobre o corpo como receptáculo sonoro e gestual que se pervierte para buscar novas identidades. Desde Madrid, o literato Óscar Curieses acompáñase do músico Pablo Ramírez para presentar La poesía, si es que existe, unha improvisación escénica audiovisual que homenaxea a Machado, Whitman e Bob Dylan.
Máis
Hora
21 outubro, 2023 19:30(GMT+01:00)
Séguenos nas redes