
Detalles do eventos
O 28 de xuño, a partir das 19:30 h, a Sala Kominsky acolle un festival benéfico onde toda recadación será destinada ao Santuario de animais
Detalles do eventos
O 28 de xuño, a partir das 19:30 h, a Sala Kominsky acolle un festival benéfico onde toda recadación será destinada ao Santuario de animais Isla de Tali, que alberga múltiples especies rescatadas de situacións de maltrato, abandono ou explotación.
O evento conta coa actuación de tres bandas de distintos estilos musicais, coa seguinte programación:
- 19:30 h: Claptown. Banda viguesa formada por Miguel, voz e guitarra; Héctor, guitarra principal; Diego, baixo; e Anxo, batería. O proxecto nace no 2022 co obxectivo de interpretar temas propios, nun xénero que definen como “pop&roll”. O seu repertorio mestura os seus temas con reinterpretacións doutras cancións.
- 21:00 h: SNST. Banda de Vigo que recolle matices do rock, cun repertorio de cancións que mesturan forza e suavidade, deixando á composición e aos xogos vocais un papel protagonista. Cunha base sólida de batería de Javier Sarmiento e o baixo de Raúl Macías, son Diego Varela e Iñaki Blanco os que, co seu rol de guitarrostas, vocalistas e compositores, aportan cor cos seus arreglos ao teclado e coros.
- 22:30 h: Green Poison. Cuarteto de stoner metal, tamén con raíces olívicas. Composto por Denís González (guitarra principal e voz secundarioa)., Máximo Díaz (voz principal), Raúl Ramallo (baixo) e Cristian Nicolino (percusión). Influenciados por bandas como Kyuss, Black Sabbath, Electric Wizard ou Motörhead, apostan por un son forte con temáticas escuras. Un psychodelic stoner metal desde as profundidades do underground vigués.
Haberá oferta de pinchos veganos ofrecidos por O Fento Gastro Bar, Bambú e Verde mostaza. Tamén, sortearase unha cesta de produtos da Illa de Tali.
A entrada anticipada mércase en Honky Tonk Discos e custa 12,00 €, mentres que na porta custa 15,00 €
Máis
Hora
28 xuño, 2025 19:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual