Detalles do eventos
O venres 31 de xullo, Redondela acolle o XXVII Festival Internacional de Artistas de Rúa, que encherá as rúas da vila de maxia, circo, marionetas xigantes e música
Detalles do eventos
O venres 31 de xullo, Redondela acolle o XXVII Festival Internacional de Artistas de Rúa, que encherá as rúas da vila de maxia, circo, marionetas xigantes e música urbana.
PROGRAMA:
18:30 h na Alameda de Castelao – O Xogar de Breogán de Bico de Toupa
Xogos de madeira con temática castrexa. A través do xogo conectamos coas nosas raíces ancestrais e nos achegamos á cultura castrexa, que fai miles de anos habitou as nosas terras e asentou algunhas das bases da nosa cultura ata o día de hoxe. Para isto, incorporamos unha sección de autómatas na que mostramos algúns aspectos sobre como vivían os/as antepasados celtas: o calendario lunisolar polo que rexían o tempo, os cultivos de verza, nabo, trigo ou cebada, a agricultura ou coidado de galiñas, cabras, cabalos, etc.
19:15 h na rúa Salgueiral – Titiricircus de Tanxarina
Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e o bailadeiro do mundo.
20:15 h no inicio da praza de Ribadavia – O Minúsculo (pasarrúas)
Unha marioneta de pasos xigantes, descobre o mundo como un rumoreo. O oído esperta con voces do vento, o tacto con pedras e mans de nenos. A vista ábrese como flor ao sol. E en cada rúa, o minúsculo vólvese inmenso. Espectáculo multidisciplinar onde unha marioneta de fío de cinco metros recoñece o mundo a través dos cinco sentidos.
21:30 h na praza do Concello – Quimera de Pablo Méndez Performances
Quimera é un espectáculo inspirado nunha visión máxica da natureza, onde os soños e a mitoloxía se entrelazan. Calquera ilusión, produto da psique, por improbable que pareza pode tornarse realidade. Pablo Méndez xoga neste espectáculo coa maxia buscando a sorpresa do espectador. Mediante unha linguaxe visual e acrobática esta viaxe fantástica estimula a imaxinación do público ata o final. Unha aventura que non te deixará indiferente.
22:30 h na pista da Xunqueira – Lgido (artista urbano)
Salientable artista urbano galego que combina trap, reguetón e melodías en galego e español. Con éxitos virais como “DARCHE” e álbums aclamados como Sobresaliente, converteuse nunha das novas promesas musicais de Galicia.
23:30 h na praza da Torre – Acero de Mago Orbit
O espectáculo de ACERO é un show de alto impacto que te sorprenderá polas súas magníficas ilusións, deseño de luces e o seu excepcional son. Os anos de experiencia de Orbit no escenario permitíronlle desenvolver unha fórmula gañadora para crear un show ao máis puro estilo Las Vegas.
Hora
31 xullo, 2026 18:30(GMT+02:00)
Localización
Redondela
Paseo Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


