VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival IKFEM 2020

02out(out 2)00:0011(out 11)00:00Festival IKFEM 2020FESTIVAIS E FEIRAS | Prezos varios00:00 - 00:00 (11)(GMT+02:00) Tui

Detalles do eventos

IKFEM, International Keyboard Festival & Masterclass da Eurociudad Tui – Valença é un evento que partindo da música de instrumentos de teclado ofrece un amplo abanico de propostas culturais cun marcado carácter transfronteirizo, e que celebrará a súa VIII edición do 2 ao 11 de outubro de 2020.

O Festival se reformula este ano por mor da situación actual propoñendo unha nova liña programática:

IKFEM DIXITAL

IKFEM e Afundación, a Obra Social de ABANCA, crean este proxecto conxunto que dará a oportunidade a músicos profesionais, españois e portugueses de calquera estilo, de sensibilizar ao público tanto coa súa música como coa súa experiencia persoal fronte ao COVID-19.

Na súa primeira edición, IKFEM dixital, contará con 5 actuacións seleccionadas en función da súa calidade artística, comunicativa e audiovisual, así como o impacto da súa historia relacionada coa Covid-19. Estes concertos poderán seguirse vía streaming a través da canle de Afundación TV os días 3, 5, 6, 8 e 9 de outubro.

Programación IKFEM dixital

Emilio Villalba e Sara Mariña:
Músicos especializados no estudo, recuperación e difusión das músicas e instrumentos históricos. Fundamentalmente do período artístico comprendido entre os séculos VIII- XVI. Levan máis de 7 anos traballando xuntos nun amplo labor concertista por todo o territorio nacional, Portugal e Francia, con espectáculos de música medieval onde conxugan o teatro, a narrativa e unha gran riqueza tímbrica na interpretación das pezas.

Galifunk Brass:
É un grupo de 10 músicos das aforas de Pontevedra influenciados principalmente polas bandas de música estadounidenses. Buscan romper coas pautas do clásico e fan as súas propias versións orixinais de temas disco, funky,soul e R& B. O seu repertorio abarca desde temas propios dos 70, como os de Aretha Franklin ata o máis actual, como Bruno Mars.

Pablo Lesuit:
Pablo Lesuit é un músico multi- instrumentista, cantante e compositor galego que destaca na nova escena da canción iberoamericana polo seu estilo persoal e independente. Nos últimos anos colaborou en gravacións e concertos con artistas como Jorge Drexler, Eladio y los Seres Queridos ou Esmeralda Escalante de Aínda Dúo, e participou en grandes festivais de España e Latinoamérica.

Paraíso Canto:
Grupo que xorde en 2019, formado por Gabi Reboredo e Martiño Malleiro. Con distintas formacións musicais, a de Martiño máis académica (clásica, jazz) e a de Gabi máis autodidacta pero ambas as ligadas ás tradicións. Parten do repertorio musical da tradición oral galega, investigan diferentes sons e incorporan tamén música doutras culturas do mundo.

Versos Versus Virus:
Esta iniciativa xurdiu durante o confinamento da man de Juan José Bustos Pérez, músico multiinstrumentista. A idea brotou cando atopou un audio da poeta malagueña Kris León e decidiu musicalizarlo e arroupalo con imaxes. A Kris León gustoulle tanto o resultado que Juanjo decidiu estender a proposta. A día de hoxe son máis de corenta poetas quen prestou a súa voz para este proxecto creativo.

PROGRAMACIÓN PRESENCIAL

Esta oitava edición de IKFEM é a máis longa da súa historia, unha programación de 10 días especial e adaptada aos tempos de COVID-19 mediante concertos dixitais e presenciais, protagonizada por historias persoais, artistas consolidados e talentos de Galicia e o norte de Portugal. Con esta edición, IKFEM pretende servir de espazo de sensibilización para facer fronte ao coronavirus e apoiar a reactivación cultural da Eurorrexión.

Ademais, como non podía ser doutra forma en Ikfem’20 non faltará a música en directo. O festival dará a coñecer o rico patrimonio cultural que atesouran as dúas marxes do río Miño, entre o suroeste de Galicia e o norte de Portugal. Ainhoa Arteta con Javier Carmena ao piano e Carlos Núñez con invitados: Pancho Álvarez, Daniel Pereira e o trío portugués Ensemble Med, destacan entre os artistas programados este ano.

Venres 2 de outubro Teatro Municipal de Tui – 21 h. QUARTETO CONTRATEMPUS: Variacións a partir dun corazón. Entradas en Ataquilla.com.

Domingo 4 de outubro, Iglesia de Santo Domingo de Tui – 21 h. EUTHERPE. O violín e a tecla: unha mirada ao repertorio barroco. Entradas en Ataquilla.com.

Mércores 7 de outubro Teatro Municipal de Tui – 21 h. AINHOA ARTETA. Cancións do recordo. Concerto ofrecido por Afundación en Afundación TV. Últimas entradas á venda en Ataquilla.

Sábado 10 de outubro, Auditorio CILV de Valença – 21 h. CASPERVEK. O heroe do río. Entrada libre. Invitacións na Biblioteca Municipal de Valença.

Domingo 11 de outubro, Catedral de Tui, – 21 h. CARLOS NÚÑEZ + CONVIDADOS: PANCHO ÁLVAREZ, DANIEL PEREIRA E ENSEMBLE MED. Concerto ofrecido por AECT Galicia – Norte de Portugal. ENTRADAS ESGOTADAS

Máis

Hora

2 (Venres) 00:00 - 11 (Domingo) 00:00(GMT+02:00)

Localización

Tui

Rúa Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra

Other Events