VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival Folclórico Internacional de Coruxo

25xul21:30Festival Folclórico Internacional de CoruxoAS NOSAS FESTAS | De balde21:30(GMT+02:00) Campo do Vao (Coruxo)

Detalles do eventos

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebrará, o próximo luns 25 de xullo, o seu Festival Folclórico Internacional no campo do Vao tras dous anos de parón dadas as circunstancias derivadas pola pandemia. O acto comezará ás 21:30 horas mais a apertura de portas das instalacións do Coruxo F.C. será ás 21 horas.

Trátase dun acto anual que A Buxaina organiza en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC) e que ten como obxectivo principal dar a coñecer o folclore e a cultura de grupos de diferentes partes do mundo a través do seu baile e a súa música.

O Folclórico Internacional de Coruxo, popularmente coñecido como FIC, é un festival creado xa en 1990 polo Grupo Etnográfico A Buxaina, converténdose así nun festival pioneiro en Galicia. É un evento moi coñecido máis alá das fronteiras viguesas e da súa área metropolitana, por iso acoden a el, ano tras ano, persoas de arredores e doutras cidades. Mostra disto son as elevadas cifras de asistencia nas edicións desta última década que teñen como media os 2.000 espectadores.

Este ano contaremos coa visita de grupos chegados dende Angola (Ballet Himalaya), Puerto Rico (Ballet Folclórico Sabor Boricua de ELMYRBA), Madeira (Grupo de Folclore MonteVerde) e, o grupo anfitrión, Galicia (A Buxaina).

Máis

Hora

(Luns) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Campo do Vao (Coruxo)

Estrada do Vao, 36330 Vigo, Pontevedra

Other Events