GFFF

Festival Folclórico Internacional de Coruxo

24xul21:30Festival Folclórico Internacional de CoruxoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde21:30

Detalles do eventos

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebrará, o próximo luns 24 de xullo, o seu Festival Folclórico Internacional no campo do Vao. O acto comezará ás 21:30 horas mais a apertura de portas das instalacións do Coruxo F.C. será ás 21:00.

Trátase dun acto anual que A Buxaina organiza en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC) e que ten como obxectivo principal dar a coñecer as expresións culturais doutros recunchos do mapa. Esta diversidade contribúe a fortalecer a cohesión social por medio das músicas, bailes e traxes típicos dos países que pisarán o escenario.

O Folclórico Internacional de Coruxo, popularmente coñecido como FIC, é un festival creado xa en 1990 polo Grupo Etnográfico A Buxaina, converténdose así nun festival pioneiro en Galicia. Mostra disto son as elevadas cifras de asistencia nas edicións desta última década que teñen como media os 2.000 espectadores.

Este ano conta coa visita de grupos chegados dende Alemaña (Frormern Swabian Alb Verein), Asturias (Grupo Folklórico Trebeyu), Serbia (Akademsko Drustvo Novi Beograd) e, o grupo anfitrión, Galicia (Grupo Etnográfico A Buxaina).

Máis

Hora

(Luns) 21:30

Localización

Campo do Vao (Coruxo)

Estrada do Vao, 36330 Vigo, Pontevedra