Festival Ensaiamos: Colleita 2018 – A Movida

abril, 2018

17abr17:30Festival Ensaiamos: Colleita 2018CONCERTOS | De balde17:30 Teatro Cidade Universitaria

Máis

Detalles do evento

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais puxo en marcha en 2006 o programa Ensaiamos, co obxectivo de ofrecerlle aos grupos emerxentes da comunidade universitaria un local de ensaio e parte do equipo de son. Esta iniciativa compleméntase coa celebración do Festival Ensaiamos, un concerto no que se dan cita os grupos universitarios que tomaron parte do programa de ensaios durante este curso 2017/2018.

As bandas que este ano terán a oportunidade de pórse diante do público serán Cool Cucumbers, Undef, Lendas do Alén, Spleen e Malboro Tigers. O gañador terá a oportunidade de gravar a súa primeira maqueta nos estudos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

A entrada é libre ata completar o aforo.

Hora

(Martes) 17:30

Lugar

Teatro Cidade Universitaria

Campus Universitario, Plaza Miralles, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

X