Este é un evento repetitivo

Festival de Teatro Amador

18xuñ20:00Festival de Teatro AmadorESPECTÁCULOS | 3,00€20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Esta fin de semana volve o Festival de Teatro Amador organizado pola
compañía Fauna 113  e Fegatea na Sala Ártika en Vigo. O sábado ás 20:00
contaremos coa presenza da compañía amador A Tequerreté Teatro co
espectáculo Confinad@s e, o domingo ás 20:00 a compañía viguesa Desfeita
Teatro representa a súa comedia “A pousada do Tru Tru”.

– “Confinad@s” de A Terrequeté Teatro
Sábado 18 de xuño de 2022 ás 20:00h.

Confinad@s nace, en clave de hilarante comedia, das experiencias sufridas durante o confinamento. Catro amigas xúntanse por vídeochamada e deciden fuxir das compulsivas rutinas provocadas pola situación de illamento, ao estilo de Boccacio, no seu Decamerón. Deste xeito evadiranse da súa particular “Florencia” contando catro surrealistas historias.

En taquilla: 3 € + Gastos de xestión
Idades recomendada: +12 anos.
Duración: 65 minutos.

– “A pousada do Tru-Tru” de Desfeita Teatro.
Domingo 19 de xuño de 2022

Unha compañía de teatro en decadencia ten que representar unha farsa malia que algúns dos seus compoñentes non concorden co disposto por Don Pirulí Polichinelo, xefe e director da pequena compañía. Finalmente imponse o criterio de Don Pirulí e represéntase a obra, que se desenvolve na Pousada do Axí e da Pementa, lugar onde se exerce a profesión máis antiga do mundo. Nela, o Xeneral Cataplum namórase de Colombina, pero estrala a guerra en París e o Xeneral parte para alá con promesas de voda á súa volta. Mentres, a xove Colombina esperta o amor de Arlequín, de Pierrot, do vello Goyito Verde e ¡desátase a tolemia! Todos eles farán o imposible para roubar o corazón de Colombina, namentres, Quintina e Madame, velarán para que o negocio non decaia.

En taquilla: 3 € + Gastos de xestión
Idades recomendada: +12 anos.
Duración: 65 minutos.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events