>
Detalles do eventos
Entre o 9 e o 13 de xullo, celébrase unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, cita ineludible do verán e un dos referentes
Detalles do eventos
Entre o 9 e o 13 de xullo, celébrase unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk, declarado Festa de Interese Turístico Internacional. A súa magnitude excede xa o puramente musical, para consolidarse como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis diversos puntos da xeografía.
A súa programación é ampla e diversa, mesturando tradición e vangarda. Este ano, incorpora importantes novidades centradas no público familiar e a dinamización cultural da vila. Por unha banda, reforza o Pequefestival, que medra en contido e protagonismo para que as familias vivan o festival ao completo. Por outra banda, pon en marcha a Vila Celta, un novo espazo, organizado pola Escola de Gaitas de Ortigueira e o Concello de Ortigueira, que acollerá concertos e servirá (en ocasións) de punto de partida do Festival na Rúa. A maiores, no Teatro da Beneficencia terá lugar o Festival no Teatro.
En definitiva, a súa programación completa é a seguinte:


Para máis información, preme AQUÍ.
Hora
9 xullo, 2025 20:00 - 13 xullo, 2025 23:59(GMT+02:00)
Localización
Ortigueira
Rua da Alameda s/n, 15330 Ortigueira, Coruña


