REVISTA ABRIL

Festival de Orquestras

26set17:00Festival de OrquestrasCONCERTOS | De balde17:00(GMT+02:00) Peirao do Náutico

Detalles do eventos

A Xunta de Galicia intensifica o seu apoio ao sector da música de verbena coa organización de sete festivais nos que actuarán 50 coñecidas orquestras galegas e que terán lugar durante esta fin de semana na Coruña, Narón, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, ademais de na área de Lugo nunha data próxima que será confirmada nos vindeiros días.

O festival de Vigo desenvolverase o domingo 26 de setembro a partir das 17:00h. Escolleuse o Peirao de Trasatlánticos como escenario ao ser un emprazamento que permitirá un aforo de 1000 persoas de pé, divididas en sectores para poder garantir todas as medidas de seguridade.

As orquestras que tocarán en Vigo son Solara, Los Player´s, Aramio, Estrellamar, M3, Ritmo Joven e Magos.

A entrada será gratuíta, previa reserva na web www.woutick.es, e cada unha das orquestras participantes ofrecerá cadanseu concerto duns 45 minutos de duración. No caso de non esgotarse por esta canle, as localidades dispoñibles poderán ser retiradas no propio acceso aos recintos.

Máis

Hora

(Domingo) 17:00(GMT+02:00)

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events