GFFF

Festival de fin de curso de baile moderno

01xul19:00Festival de fin de curso de baile modernoESPECTÁCULOS | De balde19:00

Detalles do eventos

C.S.C.R. de Beade ven de presentar a programación cultural “Cereixa de sol” do mes de xullo, estando protagonizada polo “Festival de fin de curso de baile moderno”, un evento que terá lugar este sábado 1 de xullo ás 19:00 h. no auditorio do Centro Cultural de Beade e con entrada de balde.

Nel se darán cita máis de cen bailaríns de todas as idades, pertencentes a Community Dancers do C.S.C.R. de Beade, formación que engloba diversos estilos da danza; New Era, de rango urbano e, como baile de raíz, o Grupo de Sevillanas do C.S.C.R. de Beade.

Ademais, os asistentes ao acto poderán visitar unha nova proposta artística na Sala de Exposicións do C.S.C.R., estando protagonizada pola “Mostra dos alumnos do curso de pintura do C.S.C.R. de Beade”, impartido por José Miranda.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Auditorio CSCR de Beade

Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)