Festival de corais

10dec19:00Festival de coraisCONCERTOS | De balde19:00(GMT+01:00) Auditorio CSCR de Beade

Detalles do eventos

Dando comezo ás 19:00H e con entrada libre, a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, a Coral Polifónica da A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns e o Coro Liceo de Navia (Asturias), serán quen de deleitar aos espectadores cun repertorio baseado principalmente en música de Nadal.

Sobre as participantes, a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade comeza a súa labor no ano 1985. Destaca a actuación realizada na Basílica de San Pedro e en Santa María a Maior no Vaticano. Actualmente está en plena conversión de renacemento, con casos de formación de novos coralistas.

Por outra banda, a Coral Polifónica da A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns fúndase no ano 1997. Xunto coas corais de URECA e Valladares forman o Orfeón “Rey Rivero” e no ano 2009 consegue chegar ás semifinais do concurso de corais do programa LUAR da TVG.

Finalmente, O Coro Liceo nace no ano 2010 por iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Navia (Asturias). Destaca a colaboración co “Joven Coro de la Fundación Príncipe de Asturias” e a súa participación no Festival Coral de Verona.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio CSCR de Beade

Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)

Other Events