outubro, 2019

24out11:00Festival de Cine Inclusivo: 'Audiodescripción, prácticas de cine'FESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 Fac. de Filoloxía e Tradución

Máis

Detalles do evento

Outro dos pratos fortes das actividades paralelas ven a través dunha colaboración coa Facultade de Traducción e Interpretación e é a conferencia do experto en Audiodescrición, Antonio Vázquez, na Universidade de Vigo, cuxa productora Aristia traballa para a ONCE. Dentro desta colaboración, tamén estará a charla de Elisabet Serra, codirectora da Asociación Lectura Fácil que traballa por achegar a lectura a persoas con necesidades especiais. Como todos os anos, haberá un espazo para as webseries máis inclusivas. Nesta ocasión presentarase: “Sorrisos transformadores” sobre a realidade de nenos e nenas trans coa presenza dos directores Noemí Chantada e Óscar Pardo e “Sitcom” sobre as persoas con discapacidade e a vida pública coa presenza do director Iago González. A continuación será o faladoiro con AGAG (Asociación Galega de Guionistas) co título: “Frames inclusivos: Internet como ferramenta audiovisual de inclusión”. Despois haberá un café con CREA (Asociación de directores de cine galegos). Estas presentacións serán o sábado pola mañá e comezarán co adelanto do documental “Dez anos pedaleando” do director Víctor Bello sobre Discamino.

Hora

(Xoves) 11:00

Lugar

Fac. de Filoloxía e Tradución

Ctra. de Marcosende 36310 Vigo Pontevedra

X