outubro, 2019

26out11:0012:00Festival de Cine InclusivoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 12:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

O IV Festival de Cine Inclusivo de Vigo inaugurarase co documental “A nosotros tu reino” sobre o campión mundial de kickboxing Simón González o martes 22 de outubro, ás 20:00 horas. Na presentación estará o protagonista, o director da longametraxe, Horacio Alcalá e a produtora executiva, Raquel Menor. Todos os pases do Festival de Cine Inclusivo de Vigo son de balde ata completar aforo. Só para asistir ao documental de inauguración precisarase convite previo.

Este ano o Festival quere poñer a atención nas Enfermidades Raras coa presenza na sección competitiva “VIG-IN DOC de documentais internacionais poa inclusión” de tres pezas sobre esta temática: “Jóvenes Invisibles” de Isabel Gemio; “Idénticas” de Luis Avilés e “Todos los caminos” de Paola García. Os tres directores asistirán ás proxeccións dos seus documentais para dialogar co público.

Os outros documentais que entran en competición son: “O meu nome é Daniel” de Daniel Gonçalves (Brasil); “What it feel like” de Steve Fraser (Estados Unidos) ; “Irene’s Ghost” de Iain Cunningham (Reino Unido); “Charm city” de Marilyn Ness (Estados Unidos); “Who says I cant” de Kristen Lappas (Estados Unidos); “Peixos d’aigua dolç” de Marc Serena; “La promesa” de Danel Aser; “26 de abril, Play Again” de Guillermo Cruz e “King Ray” de Sergio Romero. Este ano a sección de documentais terá tamén premio do público non só do xurado. En canto á sección competitiva de curtametraxes audiodescritas e subtituladas presentaranse nove pezas: “La noria” de Carlos Baena; “Mouras” de Olga Osorio; “Marusía” de Pedro Sancho; “Soy una tumba” de Khris Cembe; “Una noche con Juan Diego Botto” de Teresa Bellón y César F. Calvillo; “Cerdita” de Carlos Martínez Pereda; “La tercera parte” de Alicia Albarés y Paco Cavero; “16 de decembro” de Álvaro Gago e “Helsinki 79” de Pablo Fontenla. Entre as curtametraxes seleccionadas hai varias de directores vigueses que se proxectarán por primeira vez en Vigo dentro da programación dun Festival, buscando así visibilidade tamén ao talento da cidade. Os asistentes poderán votar pola súa curtametraxe favorita decidindo así o “premio do público”.

En canto á sección “Novas miras”, este ano proxectarase a película “Sordo” do director Alfonso Cortés-Cavanillas da produtora LaCaña Brothers para que o espectador sinta a experiencia de “quedarse xordo”. Neste “western”, baseado nun cómic co mesmo título, un maqui queda xordo despois dunha explosión, o que fai aínda máis difícil a súa superviviencia en medio do conflito. Á presentación asistirán o guionista Juan Carlos Díaz e o deseñador de son, Daniel Rodrigo. Os membros do equipo creativo centraranse, por unha banda, na adaptación do cómic á película e por outra, na creación dun universo sonoro que meta ao espectador/a na piel do protagonista.

Outro dos pratos fortes das actividades paralelas ven a través dunha colaboración coa Facultade de Traducción e Interpretación e é a conferencia do experto en Audiodescrición, Antonio Vázquez, na Universidade de Vigo, cuxa productora Aristia traballa para a ONCE. Dentro desta colaboración, tamén estará a charla de Elisabet Serra, codirectora da Asociación Lectura Fácil que traballa por achegar a lectura a persoas con necesidades especiais. Como todos os anos, haberá un espazo para as webseries máis inclusivas. Nesta ocasión presentarase: “Sorrisos transformadores” sobre a realidade de nenos e nenas trans coa presenza dos directores Noemí Chantada e Óscar Pardo e “Sitcom” sobre as persoas con discapacidade e a vida pública coa presenza do director Iago González. A continuación será o faladoiro con AGAG (Asociación Galega de Guionistas) co título: “Frames inclusivos: Internet como ferramenta audiovisual de inclusión”. Despois haberá un café con CREA (Asociación de directores de cine galegos). Estas presentacións serán o sábado pola mañá e comezarán co adelanto do documental “Dez anos pedaleando” do director Víctor Bello sobre Discamino.

Hora

(Sádado) 11:00 - 12:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X