outubro, 2019

25out17:0020:30Festival de Cine InclusivoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde17:00 - 20:30 Teatro Salesianos

Máis

Detalles do evento

Proxección no cine Salesianos de “26 de abril, Play Again” de Guillermo Cruz e “King Ray” de Sergio Romero. Este ano a sección de documentais terá tamén premio do público non só do xurado.

En canto á sección “Novas miras”, este ano proxectarase a película “Sordo” do director Alfonso Cortés-Cavanillas da produtora LaCaña Brothers para que o espectador sinta a experiencia de “quedarse xordo”. Neste “western”, baseado nun cómic co mesmo título, un maqui queda xordo despois dunha explosión, o que fai aínda máis difícil a súa superviviencia en medio do conflito. Á presentación asistirán o guionista Juan Carlos Díaz e o deseñador de son, Daniel Rodrigo. Os membros do equipo creativo centraranse, por unha banda, na adaptación do cómic á película e por outra, na creación dun universo sonoro que meta ao espectador/a na piel do protagonista.

 

Hora

(Venres) 17:00 - 20:30

Lugar

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

X