REVISTA ABRIL

Festival de Cans

01set20:0005(set 5)23:00Festival de CansFESTIVAIS E FEIRAS | Prezos varios20:00 - 23:00 (5)(GMT+02:00) Cans

Detalles do eventos

Un total de 25 curtametraxes e 15 videoclips competirán nas diferentes seccións oficiais do Festival de Cans 2020, que ten prevista a súa celebración a vindeira semana, entre o mércores 2 e o sábado 5 de setembro. Ata 15 destes filmes son estreas, oito delas estreas absolutas.

O equipo responsable da organización do Festival, promovido pola Asociación Cultural Arela, traballou nun certame onde prima o acceso restrinxido e a edición limitada, pero onde a calidade das obras se mantén intacta. O evento parte dunhas medidas que garantan a seguridade de veciñas e veciños e visitantes: un “escudo protector” ós maiores, chimpíns para catro persoas só con paseos honoríficos, reducción de jalpóns e aforos ou actuacións de día para público sentado son algunhas das principais medidas.

MARTES 1

20 PM. Centro Cultural. Traseira do Centro Cultural.
Inauguración Exposición de Rubén de Marina.
20.30 PM
Visita guiada + actuación Noemí Fernández.

MÉRCORES 2

10.30 AM. Casa de Boente. Rúa principal de Cans.
Inauguración Rúa Efímera Chano Piñeiro, como homenaxe ó cineasta, coincidindo cos
25 anos do seu falecemento.
11AM. Baixo de Carlos.
Coloquios Fundación AISGE. “Chano Piñeiro, descubridor de actrices e actores”.
Coa presenza de Mari Luz Montes, viúva de Chano Piñeiro, a actriz Uxía Blanco e o
actor Miquel Insua. Modera: Ana Cermeño.Proxección de Mamasunción.
12,30 PM. Baixo de Carlos.
Masterclass “Subtitulado e accesibilidade”, co profesor Pablo Romero-Fresco e o
cineasta Alfonso Zarauza.
Novas lecturas sobre o subtitulado a partir do caso do filme Ons, con imaxes de avance
do novo filme de Alfonso Zarauza.
Modera: Alfonso Pato.
16,30 PM. Parque do Río. Encontro curtametraxistas Novas Camadas.
17,30 PM. Proxeción sección NOVAS CAMADAS. Baixo de Carlos.
20,00 PM. Homenaxe ó Can de Pedra. Descuberta do traxe do can.
20,30 PM. Colocación dos Chimpíns no Muro dos Chimpíns.
21,00 PM. Noite dos veciños no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. Presentación do
documental “A Canteira de Cans”, Coordinado por Juanma Lodo, do proxecto Cans303. Presentación xurado veciñas e veciños. Actuación grupo AcordeCans.

XOVES 3

10.30 AM. Baixo de Carlos.
Mesa PROXECTA: “Festivais e territorio”, con Luis Sousa Ferreira, programador de
Ílhavo (Portugal), June Laka (Bélxica), Ángel Sánchez (Play-Doc). Modera: Alfonso
Pato.
12,30 horas. Baixo de Carlos.
Coloquios Fundación AISGE: “Intérpretes por azar”, con Benedicta Sánchez e Amador
Arias, protagonistas do filme O que Arde de Óliver Laxe. Modera: Ana Cermeño.
17,00 horas.
Proxeción: Arima de Jaione Camborda. Coa presenza da directora e da actriz
protagonista Melania Cruz.
17,30 horas. Traseira do Centro Cultural
LENDOCINE. (Literatura e cinema). Con Manane Rodríguez, Iria Misa, Antón Reixa,
Farruco Bernal e Fernando Redondo Neira.
19,00 horas. Parque Infantil (fronte Quinta Avenida)
Saída dos chimpíns. Ata CRC.
Acompañados polo Grupo de Gaitas de San Xurxo de Mosende.
19,30 horas. Círculo Recreativo Cultural.
Apertura oficial do festival. Proxeción do filme A illa das Mentiras de Paula Cons. Coa
presenza da directora e do equipo da película.
21,30 horas. Traseira do Centro Cultural.
Concurso de videoclips.
23,00 horas. Traseira do Centro Cultural..
Actuación musical BABYKATZE. Estrea mundial do seu novo videoclip Pantera.

VENRES 4

10 AM. Baixo de Carlos.
Café con CREA. Encontro coa montadora, directora e videoartista Julia Juániz.
10,30 AM. Saída do Torreiro de Cans.
Roteiro cinéfilo-literario co escritor Carlos Meixide.
12 M. Baixo de Carlos.
Coloquios Fundación AISGE. Coloquio “ Dobraxe, a interpretación invisible”. Con Monti
Castiñeiras, Ana Santos e Xerardo Couto.
13,30 PM. Baixo de Carlos.
A que Andas. Con Rubén Coca, Andrés Sanjurjo, Manane Rodríguez, Anxos Fazáns,
Ángel Filgueira e Ángel Santos.
16,30 PM. Baixo de Carlos.
Fillxs de Cans. Con Hugo Amoedo, Alfonso Zarauza, Xabier Bermúdez, Chelo Loureiro
e César Souto.
18,30 PM. Baixo de Carlos.
Estrea documental Emma Pino de Area Erina. Coa presenza da directora e do actor
Antonio Durán “Morris”.
20 PM. Baixo de Carlos.
Sección Directrices.
21 PM. Estrella Galicia da Leira do Río
Concerto AMARO FERREIRO.
22,15 PM. Do Torreiro ata o Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
Procesión dos chimpíns.
22,30 PM. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
Noite das Homenaxes + Estrea documental, Cans 16 de Isaura Docamp + Presentación
xurado, xurado dos veciños, entrega premios clips, entrega chimpíns de prata a
Mariana Fernández, Merchi Sánchez, Creus e Carrasco. Entrega Premio Pedigree:
Manane Rodríguez.

SÁBADO 5

10 AM. Saída da Rotonda do Can.
Roteiro Sonoro con Xurxo Souto. Camiños da aldea.
10 AM.
Inicio Proxecións a Concurso. Sesión matinal. Baixo de Mari, Baixo de Bugarín, Baixo de
Alfonso, Cuberto de Chelo.
Sesión Furacáns Baixo de Carlos.
12 M. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Coloquio con OLIVER LAXE .
13,30 PM. Inicio segunda sesión matinal.
Baixo de Mari, Baixo de Bugarín, Baixo de Alfonso, Cuberto de Chelo.
Inicio ExtraCans. Baixo de Carlos.
15,30 PM. Desde Casa de Rafa e Paz a Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
Procesión de chimpibuses.
16 PM Sesión de tarde. Inicio das proxecións.Inicio Furacáns. Sesión de Tarde
17 PM. Cuberto de Antonio.
Actuación infantil. Baobab Teatro: “Puño Puñete”.
17,30 PM. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
Encontro Curtametraxistas Dalle Caña. Ficción, Animación, Furacáns, ExtraCans.
19,30 PM. Cuberto de Antonio
Contacontos “Polo Correo do Vento”. Story-board contado Chano Piñeiro.
Segunda sesión proxecións de tarde.
Sesión ExtraCans. Baixo de Carlos.
21,30 PM. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
HENDRIK RÖVER Y LOS MÍTICOS GTS en concerto.
23 PM. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
Gala final entrega de Premios.

Máis

Hora

1 (Martes) 20:00 - 5 (Sábado) 23:00(GMT+02:00)

Localización

Cans

Cans 36418 Pontevedra

Other Events