>
19mai(mai 19)10:00Festival de CansFESTIVAIS E FEIRAS | Varios prezos10:00(GMT+02:00) Cans
Detalles do eventos
O Festival de Cans, que terá lugar entre o 19 e o 23 de maio proxectará máis de 100 obras e contará con 30 estreas e unha programación que recolle
Detalles do eventos
O Festival de Cans, que terá lugar entre o 19 e o 23 de maio proxectará máis de 100 obras e contará con 30 estreas e unha programación que recolle as reflexións da sociedade contemporánea. Na liña editorial do certame aparecen temáticas como o despoboamento, o medioambiente ou as narrativas LGTBIQ+, abordadas desde múltiples linguaxes e xéneros. Haberá 35 curtametraxes que competirán nas diferentes seccións oficiais, e outras 20 pezas na sección de videoclips, ademais de varias seccións paralelas, entre elas o avance por vez primeira da serie documental El balance de los daños, sobre o final do grupo Siniestro Total, coa presenza do director Mikel Clemente e de Julián Hernández.
Entre os nomes destacados figura o cineasta Julio Medem, unha das referencias do cinema español contemporáneo. Cunha traxectoria de máis de tres décadas e títulos como Vacas, La ardilla roja ou Lucía y el sexo, Medem participará no coloquio central do Torreiro e colocará a súa estrela. Ademais, o día 19 proxectarase o seu último filme, 8.
A inauguración oficial terá lugar o xoves 21 no Círculo Recreativo co filme La buena hija, de Júlia de Paz, coa presenza da directora, dos actores Janet Novás —Chimpín de Prata deste ano— e Julián Villagrán, e do produtor Sergio Grobas.
O festival manterá os seus espazos característicos, como o Torreiro ou o Jalpón de Aurora, e incorporará o Día das Novísimas (20 de maio), dedicado a cineastas menores de 25 anos. A xornada rematará coa Noite dos Veciños, coa estrea da curta Non me movas os marcos, na que participan máis de 40 persoas da aldea. Cans renderá tamén homenaxe ao actor Celso Bugallo cunha Rúa Efémera e unha retrospectiva de curtametraxes nas que participou. Bugallo, falecido o pasado mes de decembro, foi Premio Pedrigree en Cans no 2005.
Cans contará con numerosas actuacións musicais, programando as principais para o venres 22 e o sábado 23 de maio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, o gran epicentro musical, e no Torreiro, lugar emblemático da aldea. Os artistas que actuarán ao longo do festival son De Ninghures, Arizona Baby, Nat Simóns e Aurora Beltrán, Alana, Balteira, The Homens, Laura LaMontagne ou Víctor Coyote.
Hora
19 maio, 2026 10:00(GMT+02:00)
Localización
Cans
Cans 36418 Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


