Este é un evento repetitivo

Festival Comediártiko: Aladino e a lámpada marabillosa

20set18:00Festival Comediártiko: Aladino e a lámpada marabillosaESPECTÁCULOS | Desde 7,00 €18:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

SINOPSE: ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA –TEATRO AVENTO PRODUCIÓNS

Versión musical de Avento producións dun dos máis fermosos contos de “As mil e unha noites” ambientada nun Oriente máxico e suxerinte.

Posúe a forza, a vitalidade e o atractivo dunha historia exemplar onde os valores interiores das persoas importan máis que as súas aparencias. De esta forma resalta a importancia da autoestima; “A imaxe inflúe pero o verdadeiramente importante e ser ti mesmo”.

Aladino é un bo rapaz que fai pequenos traballos para os mercadores de Agrabah co fin de conseguir unas moedas coas que mercar algo para comer. Pero os rumores sobre o seu bo corazón chaman a atención de Jafar, o malvado visir real, que utilizará os seus enganos para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas. Por outra banda, no palacio, o sultán trata de atopar un bo príncipe co que casar a súa filla, sen o consentimento desta. Dous rapaces que viven realidades moi diferentes pero semellantes á vez e que, sen sabelo, necesitáranse mutuamente.

Hora:

  • Sábado 19 de setembro ás 18:00h
  • Domingo 20 de setembro ás 12:00h e ás 18:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • Venta online: 7€ + gastos de xestión
  • En taquilla: Entrada Xeral:  10€

Idades recomendada: + 5 anos

Duración: 70 min

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events