CANS

25abrTodo o día26FESTIVAL CIENTÍFICO CINVIGOFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Paseo das Avenidas

Detalles do eventos

Este ano o festival científico CinVigo trasládase á beira da ría e celébrarase o sábado 25 e o domingo 26 na contorna do monumento a Jules Verne. Organizado polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, este evento pretende achegar o coñecemento científico á sociedade, fomentando as vocacións científicas entre a cativada e a mocidade.

A cuarta edición do CinVigo ofrece numerosas actividades para desfrutar en familia como a feira científica, obradoiros infantís, unha xincana inclusiva e varios espectáculos. Unha das novidades desta edición son os obradoirores sénior dirixidos a persoas de máis 65 anos. Porén, o máis destacable é a feira, onde máis de 250 estudantes da ESO, bacharelato e ciclos formativos de FP competirán con 68 proxectos para gañar premios como unha bolsa de apoio para os estudos universitarios, a participación noutra feira similar ou unha estadía no CINBIO. Todos eles defenderán as súas creacións ante o xurado oficial e o público nos denominados ‘minutos de ouro’, que terán lugar o sábado, 25 de abril, entre as 16:00 e as 18:00 h.

Para as e os máis cativos e cativas da casa, entre os 3 e os 12 anos, o CinVigo programou unha serie de obradoiros científicos infantís, nos que poderán participar, xogar, gozar e aprender a través de actividades deseñadas seguindo metodoloxías de aprendizaxe activo que os converterán en científicos e científicas por un día.
Para poder participar, de xeito gratuíto, será necesario inscribirse previamente a través desta ligazón

Como novidade este ano, as persoas de +65 anos poderán participar en talleres nos que descubrirán de forma práctica a ciencia que hai tras a cosmética. Trátase dunha iniciativa que busca promover o acceso á cultura científica a persoas desta franxa de idade, normalmente máis afastadas deste tipo de iniciativas. Os participantes poderán gozar e aprender a través dunha actividade de cosmética e ciencia, pensada para descubrir de forma práctica e amena a ciencia presente nos produtos do día a día.
En todas as quendas realízanse os mesmos experimentos, polo que non ten sentido reservar en máis dunha. En caso de que unha mesma persoa estea inscrita en máis dunha quenda entenderase como válida a última inscrición, eliminando as inscricións previas. Insciricións nesta ligazón.

A xincana de CinVigo é unha proposta dinámica, participativa e chea de diversión, na que as persoas participantes teñen que superar probas científicas e retos interactivos ao longo dun percorrido pensado para aprender, colaborar e gozar da ciencia dun xeito lúdico. Inscricións nesta ligazón.

SÁBADO 25:

  • 11:00h Apertura feira científica
  •  11:00h Saída xincana científica inclusiva
  •  12:00h Final xincana
  •  16:00h Minuto de ouro: proxectos ao escenario!
  •  17:30h Minuto de ouro: proxectos ao escenario!
  •  18:30h Monólogos científicos: Ciencia Calidade
  •  19:00h Peche stands
  •  19:00h Espectáculo Cienceando

DOMINGO 26:

  • 11:00h Apertura feira científica
  • 12:00h Espectáculo Cienceando
  • 13:00h Peche stands
  • 13:00h Entrega de premios feira científica

A programación completa de actividades e a inscrición nas mesmas pode facerse a través da páxina web do festival.

CinVigo. Ciencia na rúa é posible grazas á financiación da Xunta de Galicia e da Unión Europea, ademais de contar co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, do Concello de Vigo, da Autoridade Portuaria de Vigo e outras entidades como Radio Vigo, Büchi, Jasco, Frutas Nieves, ou Portomédica, que se suman á colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Ademais, CinVigo tamén conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade a través do Plan Corresponsables.

Hora

25 abril, 2026 - 26 abril, 2026 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

Paseo das Avenidas

Rúa as Avenidas 36202 Vigo Pontevedra

Other Events