REVISTA NADAL

Festival Atlántica: Corochas

15xuñ18:0019:30Festival Atlántica: CorochasPEQUERRECHOS | De balde18:00 - 19:30(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Corochas, cachogas, celigras, cóchegas, coscas, deligras ou cóxegas: Sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña… Os contos ás veces son coma as corochas, fannos viaxar a lugares onde normalmente non chegamos ou a partes do corpo ás que non lles poñemos atención.

Dúas sesións: 18 e 19 h.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 o luns anterior á actividade.

Máis

Hora

15 xuño, 2023 18:00 - 19:30(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events