CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Este é un evento repetitivo

Festival 8Pés

23nov21:00Festival 8PésCONCERTOS | De balde21:00(GMT+01:00) Concatedral de Santa María

Detalles do eventos

A Orquestra Clásica de Vigo confirma a celebración da que será a III Edición do Festival “8 pés”; o festival de órgano nado no 2021 co obxectivo de contribuir á posta en valor deste instrumento que, malia a antigüidade das súas orixes, cada ano provoca novos achegamentos de seguedores e seguedoras e esperta o interese do gran público.

A cita co festival será os días 23, 24 e 25 de novembro na Concatedral de Santa María de Vigo, coincidindo coa semana de celebración de Santa Icía -patroa da música-. O programa de “8 pés” terá como protagonista indiscutible o único órgano en activo nun templo da cidade: o órgano Alberdi, de 1909, restaurado en 2017 por Federico Acitores.

Asimesmo, e como vén acontecendo desde hai dous anos, o foco será posto nos profesionais que nos farán gozar do seu virtuosismo: Abriremos esta edición con Carlos J. Ferández Bollo, natural de Mugardos e premio en Burgos do Concurso Nacional de Órgano Francisco Salinas 2023; un grande talento que está a saír da nosa terra e que realiza na actualidade os seus estudos de mestrado en Holanda. Na segunda xornada, teremos a honra de escoitar a Roberto Fresco, organista da Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid, un artista e mestre fundamental para entender a actualidade do órgano en España. E, para rematar, nesta edición pechamos o festival con Enrique Marín-Laguna, organista titular da Catedral de Santa Magdalena de Getafe e que realiza na actualidade unha importante actividade concertística en Europa. Facendo gala do mesmo espírito dos comezos, A Clásica desexa, nesta terceira edición, achegar unha vez máis as persoas asistentes a un instrumento tan rico e diverso que non deixou indiferentes ás máis de mil persoas que se deron cita ao seu redor na edición de 2022.

Así, “8 pés” – que toma o seu nome da medida de oito pés do tubo máis grave que se adoita empregar de entre os que conforman un órgano – estase convertendo nunha cita ineludible coa historia da música, coa historia da nosa cidade e, como non, nunha homenaxe a todas as profesionais do eido da música que nos precederon.

A entrada é de balde e precisa reserva previa. Preme aquí para reservar.

XOVES 23 | CONCERTO: CARLOS FERNÁNDEZ BOLLO · 21:00H
VENRES 24 | CONCERTO: ROBERTO FRESCO · 21:00H
SÁBADO 25 | CONCERTO: ENRIQUE MARTÍN-LAGUNA · 21:00H

Máis

Hora

23 novembro, 2023 21:00(GMT+02:00)

Localización

Concatedral de Santa María

Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events