Festival 85C – A Movida

setembro, 2018

09set10:30Festival 85CFESTIVAL | Prezos varios10:30

Máis

Detalles do evento

85C é un proxecto creado para que toda persoa que o desexe poida sentir a maxia a través da arte dunhas mulleres que xa non choran para mamar, non saben de axeonllarse e non queren vivir máis na submisión que alguén un día lles quixo impoñer.

AS CREADORAS TOMAN A CIDADE

3 días, máis de 80 artistas e 25 locais nun evento único en Vigo.
Un cóctel de artes escénicas, faladoiros, música en directo, cinema, intervencións de rúa, obradoiros, poesía, contacontos e moitas máis sorpresas os días 7, 8 e 9 de setembro.

DOMINGO

CURSO INTENSIVO de 10.30h a 12.30h por Anxos Fazáns

OBRADOIROS de 10.30h a 12.30h en Camoes / 15€ /
– Creación coreográfica – impartido por Melissa Sousa e Catarina Campos
*Máis info e inscrición: https://asociacion85c.wordpress.com/creacion-coreografica/ ou mandando mail a obradoiros@85c.es co teu nome e apelidos.
– Danza con bebés – impartido por Nuria Sotelo
*Máis info e inscrición: https://asociacion85c.wordpress.com/danza-contact-con-bebes/ ou mandando mail a obradoiros@85c.es co teu nome e apelidos.
– Danza en familia – impartido por Nuria Sotelo
*Máis info e inscrición: https://asociacion85c.wordpress.com/danza-contact-en-familia/ ou mandando mail a obradoiros@85c.es co teu nome e apelidos.

EN FAMILIA ás 12.30h na Praza da Constitución / taquilla inversa /
– Analepsis – danza circo, Paula Quintas (TrasPediante Colectivo Danza)
– Tilintilonia – teatro para bebés, O Baúl da Tía Tola

MESA REDONDA CONXUNTA ás 17.30h en Camoes, Casa Arines.
Quedan invitadas todas as artistas que participaron no festival para por puntos de vista en común e poder coñecernos e facer rede.

PROXECCIÓNS e PREMIOS MARIA LUZ MORALES da Academia Galega do Audiovisual ás 20.00h nos Multicines Norte / 3,5€ /
– Nus – Dennise González
– Muller personaxe – Lucía Estévez
Presentación das directoras + proxección + debate
*Máis info: https://asociacion85c.wordpress.com/domingo-9/

Hora

(Domingo) 10:30

X