Festival 85C – A Movida

setembro, 2018

08set10:30Festival 85CFESTIVAL | Prezos varios10:30

Máis

Detalles do evento

85C é un proxecto creado para que toda persoa que o desexe poida sentir a maxia a través da arte dunhas mulleres que xa non choran para mamar, non saben de axeonllarse e non queren vivir máis na submisión que alguén un día lles quixo impoñer.

AS CREADORAS TOMAN A CIDADE

3 días, máis de 80 artistas e 25 locais nun evento único en Vigo.
Un cóctel de artes escénicas, faladoiros, música en directo, cinema, intervencións de rúa, obradoiros, poesía, contacontos e moitas máis sorpresas os días 7, 8 e 9 de setembro.

SÁBADO

CURSO INTENSIVO de 10.30h a 12.30h na La Planta Coworking por Anxos Fazáns

OBRADOIROS de 10.30h a 12.30h na Camões – Centro Cultural Português em Vigo /15€ /
– Danza empoderante – impartido por Olga Cameselle
*Máis info e inscrición: https://asociacion85c.wordpress.com/danza-empoderante/ ou mandando mail a obradoiros@85c.es co teu nome e apelidos.
– Composición con loops – impartido por Mounqup
*Máis info e inscrición: https://asociacion85c.wordpress.com/composicion-con-loops/ ou mandando mail a obradoiros@85c.es co teu nome e apelidos.
– Poesía e xénero – impartido por Raquel Lima
*Máis info e inscrición: https://asociacion85c.wordpress.com/raquel-lima/ ou mandando mail a obradoiros@85c.es co teu nome e apelidos.

POÉTICA PELUQART ás 13.00h na “LA GALERIAjazz”
Timba poética protagonizada por tres poetas moi relevantes da escea.
– Raquel Lima
– María Lado
– Carmen Conde

CICLO DE ARTES ESCÉNICAS ás 17.30h no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo / 10€ /
Presentamos tres pezas inéditas
– Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov – María Roja
*Máis info: https://asociacion85c.wordpress.com/ada-ou-contar-de-memoria-unha-novela-de-nabokov/
– BOWND – Catarina Campos e Melissa Sousa
*Máis info: https://asociacion85c.wordpress.com/bownd/
– Solipsismo – Inherente Teatro
*Máis info: https://asociacion85c.wordpress.com/inherente-teatro/

PROXECCIÓNS DE CURTAMETRAXES ás 20.00h no Multicines Norte / 3,5€ /
– Vía Láctea – Xisela Franco
– La Mujer Invisible – Noemi Chantada
– Abatida – Anxos Efe
– Estela – Ariadna Cordal García
– Listen to me – Carla Andrade
– Palmira – Diana Gonçalves
*Máis info: https://asociacion85c.wordpress.com/sabado-8/

INTERVENCIÓN NA RÚA ás 21.00h na Rúa do Príncipe, frente ó MARCO.
– 3564 – Colectivo As Ghatas Salvaxes (fan un chamamento a mulleres que queiran participar na peza enviando un mail a asghatasalvaxes@gmail.com )
*Máis info: https://asociacion85c.wordpress.com/artes-escenicas/intervencion-na-rua/

CONCERTOS ás 23.00h na Master Masterclub vigo / 10€ anticipada, 12€ billeteira /
– Rendi Nue
– Mounqup
– DA CHICK DJ Set
*Máis info: https://asociacion85c.wordpress.com/sabado-8-2/

CHURRUCA EN LOITA 17 locais da zona de Churruca e Irmandiños únense para que a noite viguesa teña sabor feminimo en cabina.
*Mesmos locais do venres

GUATEQUE A ESGALLA ás 4.00h na Mondo Club Vigo / 6€ /
After party. Dj por confirmar

Hora

(Sádado) 10:30

X