VIALIA

Festival 8 Pés: 'O órgano na Igrexa: formación, liturxia e interpretación'

25nov18:00Festival 8 Pés: 'O órgano na Igrexa: formación, liturxia e interpretación'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Mesa redonda con Marisol Mendibe e Daniel Goberna. Modera Daniel Sanmartín.

Máis de 100 anos pasan pola madeira do órgano Alberdi de Vigo. O instrumento, fabricado en 1909 polo maestro Alberdi, é unha peza única da nosa historia. Tras 40 anos de abandono total, é restaurado e preparado para ter unha nova vida na actualidade recuperando a súa calidade de patrimonio, sendo esta unha medida excepcional xa que “hai órganos perdidos, convertidos en chatarra”, lamenta Manuel Martínez, director da Orquestra Clásica de Vigo. Precisamente co obxectivo de destacar a relevancia desta peza, e coincidindo coa semana de Santa Icía, xorde o festival 8 Pés, unha celebración da música que chega para quedarse e que contará cunha programación especial de concertos, conversas, mesas redondas e visitas guiadas ao redor do instrumento.

Programa por días | Todas as actividades serán de balde previa retirada de convite na plataforma Enterticket a través desta ligazón e haberá un límite de 2 convites por operación.

Martes 23 de novembro

17:00h – Visita guiada ao órgano da Concatedral de Santa María de Vigo

18:00h | Biblioteca da EMAO – “O órgano da Concatedral de Vigo”. Conferencia de A. Acitores sobre a intervención no órgano da Concatedral no ano 2017 + Mesa redonda sobre a historia do órgano da Concatedral con Manuel Martínez Álvarez-Nava, Pablo Abreu e Acitores. Modera Daniel Sanmartín.

Mércores 24 de novembro

17:00h  Visita guiada ao órgano da Concatedral de Santa María de Vigo

18:00h | Sede da Deputación de Pontevedra – Conversa cos solistas Vicente Cueva (violín) e Fernando Álvarez (órgano).

21:00h | Concatedral Santa María de Vigo – Concerto de Vicente Cueva (violín) e Fernando Álvarez (órgano). Lugar: Concatedral Santa María de Vigo (acceso do público ao remate da misa sobre as 20:30h)

Xoves 25 de novembro

17:00h – Visita guiada ao órgano da Concatedral de Santa María de Vigo

18:00h | Biblioteca da EMAO – “O órgano na Igrexa: formación, liturxia e interpretación”. Mesa redonda con Marisol Mendibe e Daniel Goberna. Modera Daniel Sanmartín.

Venres 26 de novembro

17:00h – Visita guiada ao órgano da Concatedral de Santa María de Vigo

18:00h | Sede da Deputación de Pontevedra – Conversa entre Arturo Barba e Loreto Aramendi.

21:00h | Concatedral Santa María de Vigo – Concerto de Arturo Barba (órgano): “Contrapunto, desenvolvemento e variación”. Lugar: Concatedral Santa María de Vigo (acceso do público ao remate da misa sobre as 20:30h)

Sábado 27 de novembro

11:00h – Visita aos órganos Alberdi na ría de Vigo (Igrexa de Santiago de Vigo, Concatedral de Santa María e igrexa de Santiago de Cangas). Colabora: Naviera Mar de Ons.

21:00h | Concatedral Santa María de Vigo – Concerto da Orquesta Clásica de Vigo coa solista Loreto Aramendi (órgano) e baixo a dirección de Manuel Martínez Álvarez-Nava. Acceso do público ao remate da misa sobre as 20:30h

Máis