
Detalles do eventos
Coincidindo coa semana de celebración de Santa Icía, o programa de “8 pés” xirará ao redor do único órgano en activo nun templo da cidade co fin de divulgar
Festival '8 pés' da Orquesta Clásica de Vigo
Coincidindo coa semana de celebración de Santa Icía, o programa de “8 pés” xirará ao redor do único órgano en activo nun templo da cidade co fin de divulgar a súa historia e a súa música entre o público. Este órgano sinfónico do romántico tardío foi construído polo prestixioso mestre Lope Alberdi en 1909. Xa en 2017 foi restaurado por Federico Acitores, conservando a súa esencia sonora e actualizando os sistemas.
A Orquesta Clásica de Vigo busca achegar o público a un instrumento rico e diverso como é o órgano, que podería ser entendido como o primeiro sintetizador da historia, un instrumento mecánico que era capaz de condensar unha orquestra cunha coral da man dun único instrumentista. O festival, ademais dunha cita musical, convértese así nunha cita para conservar a historia e a memoria. “8 pés” ofrecerá unha coidada programación que inclúe concertos de artistas recoñecidos a nivel estatal, charlas, encontros e visitas guiadas.
As actividades, que se desenvolverán na Concatedral de Vigo e na Escola Municipal de Artes e Oficios, serán de balde previa retirada de convite na plataforma Enterticket.
Sobre o título “8 pés”
A medida dos tubos dun órgano realízase en pés, sendo oito o tamaño do tubo máis grave que se adoita empregar. De aí xorde o nome deste novo festival de música: “8 pés”.
Máis
23 (Martes) 18:00
Concatedral de Santa María
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra