VIALIA

Festival 15+1

06xuñ12:0022:00Festival 15+1FESTIVAIS E FEIRAS | Entradas esgotadas12:00 - 22:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

O sábado 6 de xuño a Fundación Salgues acollerá 15+1, a celebración do aniversario conxunto da Revista Dot e Chachachá Studio.No apartado musical, instalarase dous escenarios, Dot e Sangría Republic, nos que terán lugar as actuacións de sete destacados grupos e artistas do panorama galego, así como tres DJ sets: Cabronía DJ, BABYKATZEE e Fiuza DJ.

A partir das 13:30, 15+1 acollerá o debut en directo dos Boogie Bones, unha banda recentemente formada por dúas músiccos de amplo percorrido, Billy King ( The Killer Barbies) e Gabriel Mcenzie ( Zalomon Grass). Dani Stoyka presentará o seu primeiro traballo en solitario en formato ao vivo set a partir das 16:00 e ás 17:00 h será a quenda doutra banda viguesa, os Kings of the beach, famosos polo seu ton irreverente e o seu son desenfadado e bailable, próximo ao garaxe e o surf.

No último tramo da xornada poderemos escoitar a Tulip, unha das bandas galegas revelación deste ano, que baixarán as revolucións co seu son cálido e dream pop, que nos arrolará entre sons tropicais e galegos. E para pechar a xornada, a “vocalista electrónica rural” Mounqup cativará ao público coa súa persoal mestura de jazz e música electrónica.
De forma paralela á programación musical, e como mostra do gran interese dos organizadores polo deseño galego, 15+1 conterá tres exposicións: Billy King, Pía Piadosa, e Roberto Argüelles; así como unha performance a cargo de Ash Santos e Juanma Lodo que terá lugar ás 14:15 h e dará como resultado unha peza visible durante o resto da xornada. Tamén Chachachá Studio contará co seu propio espazo expositivo, no invernadoiro do xardín, no que exhibirá unha antoloxía do seu traballo estes últimos anos.

Outra das actividades artísticas das que se poderá gozar en 15+1 é un mercado de artistas e artesáns locais. Un espazo no que atopar creacións orixinais e obxectos únicos feitos a man por artistas como Abi Castelo, Misoco, As flores de Greta, Culebra Studio ou OFFConnection, entre outros.

Máis

Hora

(Domingo) 12:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events