GFFF
GFFF

Festas de San Salvador en Teis

09agoTodo o día12Festas de San Salvador en TeisAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Parque da Riouxa

Detalles do eventos

Entre o venres 9 e o luns 12 de agosto desenvólvense en Teis as festas grandes en honra a San Salvador. As noites do venres, sábado e domingo hai verbena amenizada polos grupos Fusión e Mar Arousa, o venres; Yukatán e DJ Ferré o sábado; e Cuarta Calle e Rubí o domingo. A medianoite do domingo terá lugar a gran tirada de fogos de artificio. O luns 12 celébrase o día do neno, con cucañas, xincana e festa da escuma.

Unha das actividades máis interesantes da festividade ten lugar o sábado pola tarde a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia. Despois de quedar sen campaneiro, desde as festas de San Salvador de Teis lanzaron o aviso de que precisaban de maneira urxente alguén para tocar a campá nos festexos deste ano; malia que hai xente maior que sabe tocar as campás na parroquia, acceder o campanario é moi complicado coa súa idade polo que queren espertar o interese dos máis novos. Con este propósito, desde a organización conseguiron organizar xunto a Campaneiros de Galicia unha actividade para difundir e poñer en valor un oficio recoñecido Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Desta maneira, o sábado 11 a partir das 17:00 h celebrarase unha charla sobre o mundo das campás, seguida dunha exhibición e un obradoiro de toque de campás manual.

Máis

Hora

9 agosto, 2024 - 12 agosto, 2024 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

Parque da Riouxa

22,, Baixada á Roteas, 10, 36216 Vigo, Pontevedra

Other Events