>

14xul09:2409:24Festas de Santa Mariña en Cabral09:24 - 09:24(GMT+02:00) Torreiro da igrexa de Cabral

Detalles do eventos

Cabral celebra as festas de San Mariña do 17 ao 19 de xullo.

A festa comezará o venres coa actuación da Orquestra La Fórmula e Los Magos.

O sábado celebrarase o día grande de Santa Mariña. Ás 17:00 horas terá lugar a XVIII Carreira de Carros de Bolas (adxúntase cartel). O prazo de inscrición remata o 15 de xullo. A carreira desenvolverase desde o Parque Forestal de Cotogrande ata o Camiño do Narxo pola rúa Becerreira. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 667 30 22 22.

Ese mesmo día, ás 20:00 horas, celebrarase a misa solemne, cantada pola Coral Polifónica de Candeán da A.V.C.D. de Candeán, coa participación da Banda de Música Unión Musical de Cabral, que ofrecerá un concerto ao remate da celebración relixiosa.

Ás 22:00 horas comezará a verbena coa actuación da Orquestra Compostela e do grupo La Banda de Ayer.

O domingo, ás 10:00 horas, haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música Las Delicias. Ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne, cantada pola Coral Alborada de Cabral, seguida da procesión e das tradicionais poxas. Ao remate terá lugar un concerto da Banda de Música Las Delicias.

Ás 17:00 horas celebrarase unha festa infantil cun mago e unha festa da escuma a cargo de Ludiland.

Ás 20:00 horas ofrecerá un concerto a Banda de Acordeóns Metropolitana.

Ás 22:00 horas a verbena correrá a cargo de Music & Show Luna de Abril.

Hora

14 xullo, 2026 09:24 - 09:24(GMT+02:00)

Localización

Torreiro da igrexa de Cabral

Baixada Igrexa, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events