Festas de Santa Ana e San Cristobal en Candeán – A Movida

xullo, 2018

24xul(xul 24)20:00Festas de Santa Ana e San Cristobal en CandeánFESTAS PATRONAIS | De balde20:00 UVCD Candeán

Máis

Detalles do evento

Candeán celebra as súas festas na honra a Cristobal e Santa Ana. Comezarán o martes 10 de xullo aínda que os días grandes de festa serán o 24, 25 e 26.

A festa a organiza a Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán de Vigo.

Programación:

– Martes 10 de xullo: Ás 12.00 horas, misa solemne en honor a San Cristóbal, seguida da procesión en carroza e a bendición dos coches ao longo do percorrido. A xornada estará amenizada polos Grupos da U.V.C.D. Candeán: Grupo de Pandereteiras Augas de Maio, Grupo de Gaitas O Ronco Son e Grupo de Baile Gallego Contomeleiros. Entregaranse diversos premios aos coches e tractores mellor adornados.
Ás 19.30 horas, actuación da Banda Escola da U.V.C.D. Candeán e a continuación, entrega de obsequios en homenaxe aos socios de maior e menor idade.

– Martes 24 de xullo: actuación da Orquesta Abanico e Orquesta Tokio.

– Mércores 25 de xullo: pola mañá pasacalles e concerto a cargo da Banda de Música Unión de Guláns. Ás 13.00 horas, misa solemne. Pola tarde, animación infantil por Fitciones cunha morea de actividades para os máis cativos:

Pola noite, verbena coa Orquesta Tabú e o Grupo Zeltia.

– Xoves 26 xullo: pasacalles e concerto a cargo da Banda de Música Unión de Cabral e misa solemne ás 12:00h.

Hora

24 (Martes) 20:00

Lugar

UVCD Candeán

Camiño da Devesa, 23, 36317 Vigo, Pontevedra

X