Festas de San Roque – A Movida

agosto, 2018

15ago(ago 15)10:3018(ago 18)23:59Festas de San RoqueFESTAS PATRONAIS | De balde10:30 - 23:59 (18) Pazo de San Roque

Máis

Detalles do evento

Un agosto máis, a finca de San Roque convértese no escenario da única romería urbana que sobrevive en Galicia. Desde o día 15 ata o próximo día 18, arrededor de cen mil persoas visitarán a festa, cuxos ingredentes seguen sendo os actos relixiosos, a gastronomía e a música.

Programación

Mércores 15 de agosto:
– Actos relixiosos: ás 10.45 horas, procesión desde a igrexa parroquial ata a Capela, encontro con San Roque e eucaristía ás 11.00 horas.
– Actuacións musicais a cargo da Banda de Música Cultural de Arcade, a Banda de Música UVCD de Candeán e o Grupo de gaitas Herdeiros dos Morenos.

Xoves 16 de agosto:
– Actos relixiosos: eucaristías ás 8.00, 9.00, 10.00, 11.00 e 12.00 horas, esta última, solemne e seguida da procesión. Pola tarde continuarán ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas.
– Actuacións musicais a cargo da Banda de Música de Redondela, a Banda de Música Popular de Moaña, a Coral da Irmandade de San Roque (cantarán na misa maior), o Grupo de gaitas Herdeiros dos Morenos e o Grupo de gaitas Os Terribles de Donas.

Venres 17 de agosto:
– Actos relixiosos: eucaristías ás 9.00, 10.00, 11.00 e 12.00 horas, esta última solemne e seguida de procesión.
– Actuacións musicais a cargo da Orquestra Alaska, Pa ti na ma e a blues band, Os podridos e o Grupo de gaitas Herdeiros dos Morenos.

Sábado 18 de agosto:
– Actos relixiosos: ás 12.00 horas, eucaristía polos difuntos da Irmandade de Devotos de San Roque.
– Actuacións musicais a cargo do Grupo de gaitas Herdeiros dos Morenos, actuación infantil con The movie eventos, a banda The Lellis Kelly’s, a Orquestra La Torre e Club Naval.

Hora

15 (Mércores) 10:30 - 18 (Sádado) 23:59

Lugar

Pazo de San Roque

Rúa Filipinas, s/n, 36204 Vigo, Pontevedra

X