
Detalles do eventos
As festas patronais de Coia, as máis multitudinarias do verán vigués cun centenario de historia, viviron en xuño días de incerteza que case provocan a súa cancelación. A
Detalles do eventos
As festas patronais de Coia, as máis multitudinarias do verán vigués cun centenario de historia, viviron en xuño días de incerteza que case provocan a súa cancelación. A negativa inicial do Concello de Vigo a autorizar o evento por deficiencias no Plan de Autoprotección puxo en risco a súa celebración. Tras unha revisión do plan e un acordo de última hora entre Concello e Comisión de Festas, o evento seguirá adiante, aínda que con cambios importantes respecto a edicións anteriores.
Que queda fóra do programa?
O cambio máis significativo é a eliminación total das atraccións mecánicas, tanto para nenos como para adultos. Tampouco haberá fogos artificiais, inicialmente previstos para a noite do sábado 5 de xullo. No acordo acadado entre ambas partes establécese que o Concello farase cargo nesta edición das perdas ocasionadas por non instalar as atraccións, fonte de ingresos para a Comisión.
Que se mantén?
A pesar dos recortes, a verbena consérvase case na súa totalidade. As orquestras, agrupacións folclóricas, bandas de música e DJs actuarán segundo o previsto tras reubicarse os escenarios para cumprir coas esixencias de aforo e vías de evacuación.
Entre os pratos fortes destacan o pregón a cargo de Fillas de Cassandra, o Festival de DJs “Ida de Coia” con artistas como Michenlo e Groove Amigos (ambos o venres 4 de xullo), e a esperada actuación da Orquestra Panorama, (martes 8 de xullo), cando se esperan 18.000 persoas na esplanada de Coia.
Programa completo:
Venres 4 de xulllo:
- 20:00 h: Actuación dos grupos Jazz Vigo e Club Deportivo Espiral Breaking Vigo.
- 21:00 h: Pregón de Fillas de Cassandra (María Soa e Sara Faro)
- 22:00 h: Verbena a cargo do grupo Nostalgia
- 00:00 h: ‘Ida de Coia festival’: DJs Michenlo; Groove Amigos; Marcos Gramola; Dmiron.
Sábado 5 de xullo:
- Pasarrúas a cargo da Charanga Vai de Baile.
- Actuación da Banda de Música Unión Musical de Valladares.
- Actuacións Solara e Pontevedra.
Domingo 6 de xullo:
- Actuación da Banda Escola de Música de Beade.
- Actuación do grupo de baile rexional Peña Xuntanza.
- 20:00 h: Misa solemnre seguida de Procesión.
- Concerto na Plaza a Consolación da Banda Escola de Música de Beade
- Actuacións Fania Blanco Show e Tango
Luns 7 de xullo:
- Pasarrúas a cargo da Charanga Vai de Baile.
- Actuación da Unión Musical de Coruxo.
- Actuación do Grupo Pandereteiras A Foliada Vai Boa, Axóuxeres e O Cascarexo da A.A.V.V O Torreiro de Coia.
- Actuacións Gran Parada e Cinema.
Martes 8 de xullo:
- Pasarrúas a cargo da Charanga Vai de Baile.
- Actuación da Banda de Música de Salceda de Caselas.
- Actuación do Grupo Pandereteiras O Tangaraño e do Grupo Ecos do Xandre.
- Actuacións Satélite e Panorama.
Mércores 9 de xullo:
- Pasarrúas a cargo da Charanga Vai de Baile.
- Concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana de Torroso (Mós).
- Celébrase o ‘Día do neno’ con prezos especiais nas atraccións.
- 19:00 h: gran concurso de cucañas, coa entrega de premios e obxequios da man do Paiaso Popín, dirixido ao público familiar.
Ademais, o mércores 9 haberá unha hora silenciosa, de 19:00 h a 20:00 h, para crear un ambiente accesible para persoas con autismo e outras condicións de hipersensibilidade sensorial, reducindo os estímulos como música ou ruidos.
Máis
Hora
4 xullo, 2025 - 9 xullo, 2025 (Todo o día)(GMT+02:00)
Localización
Torreiro de Coia
Av. de Castelao, 50, 36209 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual