Festas de Beade – A Movida

xullo, 2018

25xul(xul 25)10:0028(xul 28)23:59Festas de BeadeFESTAS PATRONAIS | De balde10:00 - 23:59 (28) Torreiro de Beade

Máis

Detalles do evento

As Festas de Santa Ana de Beade son unhas das festas máis tradicionais de Vigo cunha ampla programación chea de pasarrúas, misas solemnes, concertos, verbenas e moita troula para grandes e pequenos entre o 25 e o 28 de xullo.

Programación: 

Mércores 25 xullo
A festa comezará pola mañá cos passarúas da Agrupación Musical de Vincios e da Banda de cornetas, gaitas e tambores da Ría de Vigo (Beade).
Ás 12.00h misa solemne e a continuación concerto da Banda Musical de Vincios.
Pola noite, actuación de Top Lider e Orquesta América de Vigo.

Xoves 26 de xullo
Pola mañá passarúas da Banda Escola Musical de Beade.
Ás 12.00h misa solemne na honra a Santa Ana acompañada pola Masa Coral de Beade e a continuación concerto da Banda Escola Musical de Beade.
Pola noite, actuacións da Orquesta Ledicia e Orquesta Cosmos.

Ás 00.00h Gran tirada de fogos artificiais a cargo da Pirotecnia Argimiro Alborés

Venres 27 de xullo
Pola mañá passarúas da Unión Musical de Cabral.
Ás 12.00h misa solemne e actuación da Unión Musical de Cabral.
Pola noite, actuacións da Orquesta Nevada e Orquesta Superfama.

Sábado 28 de xullo
Pola mañá, Gran sardiñada amenizada pola Charanga Vaite Xa.
Pola tarde é o turnos dos máis cativos coa celebración das tradicionais cucañas.
Pola noite, a finalización de festa será a cargo da Orquesta Ceniza Band, primeiro concerto do Grupo Recordos e Dj Mesu.

Hora

25 (Mércores) 10:00 - 28 (Sádado) 23:59

Lugar

Torreiro de Beade

Rúa de Ramiro Pascual, 112, 36312 Vigo, Pontevedra

X