Detalles do eventos
O programa combina música, actividades tradicionais e actos relixiosos, con propostas como o Combo Dominicano, a orquestra Solara, Grupo Extra e o festival O Son do Monte
Detalles do eventos
O programa combina música, actividades tradicionais e actos relixiosos, con propostas como o Combo Dominicano, a orquestra Solara, Grupo Extra e o festival O Son do Monte
A parroquia viguesa de Zamáns celebrará do venres 4 ao luns 7 de setembro as súas festas na honra da Virxe dos Aflixidos, cun programa que reunirá actuacións musicais, actividades tradicionais e celebracións relixiosas no Parque Forestal de Zamáns.
As festas comezarán o venres 4 ás 20.30 horas co pregón e a tradicional empanada para os socios, acompañados pola charanga Vai de Baile. A partir das 23.30 horas, a música continuará coa actuación do Combo Dominicano.
O sábado 5 haberá pasarrúas coa charanga Noroeste e, ás 19.00 horas, unha gran tirada de fogos. Pola noite, a orquestra Solara actuará a partir das 22.30 horas. A xornada completarase coa programación do festival O Son do Monte, con sesións dos DJs Fercho, Rami e Borja Solla.
O domingo 6 estará máis centrado nos actos relixiosos. Ás 12.00 horas terá lugar unha misa cantada pola Coral Polifónica de Zamáns e coa participación da Banda de Música Atlántida de Matamá. Xa pola noite, ás 22.00 horas, chegarán as actuacións das orquestras Saudade e La Nave.
A programación do luns 7 comezará ás 12.30 horas, despois da misa, con poxas, seguidas das actuacións da Banda de Música de Val Miñor e dos Mariachis Amigos de México. Pola tarde celebraranse as tradicionais cucañas, ás 17.00 horas, e ás 19.00 horas será a quenda de Los Lunes al Sol e Grupo Extra. O Son do Monte pechará a programación musical coa participación de JJ Compta e Dumore.
O programa inclúe tamén diferentes actos relixiosos ao longo das xornadas, entre eles o rosario e as misas en honra da Virxe dos Aflixidos.

Hora
4 setembro, 2026 20:30 - 7 setembro, 2026 23:59(GMT+02:00)
Localización
Parque Forestal de Zamáns
Estrada da Igrexa, 234, 36310 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




