Detalles do eventos
As Festas do Carme de Coruxo regresan do 15 ao 18 de xullo cunha programación que combina concertos, actos relixiosos, pasarrúas, actividades infantís e verbenas para todos os
Detalles do eventos
As Festas do Carme de Coruxo regresan do 15 ao 18 de xullo cunha programación que combina concertos, actos relixiosos, pasarrúas, actividades infantís e verbenas para todos os públicos. A celebración contará tamén cunha programación previa entre os días 11 e 14 de xullo, con baixadas, música en directo e actuacións de grupos locais.
Entre os pratos fortes desta edición destacan as actuacións das orquestras Capitol, Claxxon, Miramar, Tatto e Trébol, así como os concertos de La Banda de Ayer e Red Fox. A programación complétase con espectáculos infantís, pasarrúas, sesións vermú, procesións, fogos artificiais e as tradicionais verbenas nocturnas.
Datas: Do 15 ao 18 de xullo (programación previa do 11 ao 14 de xullo)
PROGRAMACIÓN AO DETALLE:

Hora
14 xullo, 2026 21:00 - 18 xullo, 2026 23:59(GMT+02:00)
Localización
Coruxo
Coruxo, Vigo, Nigrán, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


