
05xul21:30Festa swing 'O Cabaré'ESPECTÁCULOS | 5,00 €21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
La Fábrica de Chocolate acolle o sábado 5 de xullo ás 21:30 h unha festa swing na que todo o mundo pode ser protagonista.
Detalles do eventos
La Fábrica de Chocolate acolle o sábado 5 de xullo ás 21:30 h unha festa swing na que todo o mundo pode ser protagonista. Canto, baile, comedia, maxia… todo tipo de talentos teñen cabida. O evento encádrase no Swing On, un curso intensivo de iniciación ao Lindy Hop, ofrecido pola escola Caixa de Ritmos. Non obstante, non é obrigatorio ser parte do alumnado deste obradoiro para propoñer unha actuación.
Trátase dunha festa de baile con DJs e as mencionadas actuacións. Estas últimas deben ser breves, en torno a 4 minutos cada unha. Pódese asistir como público, ou tamén subir ao escenario para facer malabares, dar un discurso ou mesmo un microteatro.
A entrada custa 5,00 €
Máis
Hora
5 xullo, 2025 21:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual