23feb21:30FESTA SWING CON SUNIL LÓPEZ QUINTETEspectáculos | -21:30(GMT+01:00) Caixa de Ritmos
Detalles do eventos
Sunil López Quintet é unha formación creada polo pianista vigués Sunil López especialmente para este festival. Xunto a el estarán Juan Guerrero na batería, Yudit Almeida no contrabaixo,
Detalles do eventos
Sunil López Quintet é unha formación creada polo pianista vigués Sunil López especialmente para este festival. Xunto a el estarán Juan Guerrero na batería, Yudit Almeida no contrabaixo, Gabriel Saito na trompeta e Toño Otero ao saxo tenor
Os membros deste quinteto son músicos de jazz profesionais cunha ampla traxectoria: levan anos tocando, estudando e ensinando jazz, e contan con innumerables concertos ás súas costas en múltiples formacións.
Para o Swing On WIC.end, prepararán un repertorio cun marcado sabor swing: desde standards clásicos da era dourada ata pezas doutros estilos de jazz posteriores, sempre mantendo o swing como sinal de identidade.
Hora
23 febreiro, 2026 21:30(GMT+01:00)
Localización
Caixa de Ritmos
Canellón dos Canos 9



