Detalles do eventos
A Festa Raxada celebra a súa primeira edición en Couso do 12 ao 14 de xuño cun programa que combina concertos, espectáculos familiares e sesións DJ ao longo
Detalles do eventos
A Festa Raxada celebra a súa primeira edición en Couso do 12 ao 14 de xuño cun programa que combina concertos, espectáculos familiares e sesións DJ ao longo de tres intensas xornadas. Este evento nace como un festival autoxestionado feito desde a comunidade, impulsado por A Casa das Redes xunto á Comunidade de Montes de Couso, coa intención de reivindicar outras formas de facer cultura desde o territorio, o monte e os espazos comunitarios.
Durante tres días haberá:
- Autobus pola comunidade e desde Gondomar
- Mercado artesán con máis de 40 postos
- Actividades culturais
- Punto lila e brigada feminista
- Cabaret
- Espazos comunitarios
- Zona de camping e zona de baño
- Actividades para crianzas
PROGRAMACIÓN:
O venres 12 a música comezará ás 20:30 h con Os Pataghullos, continuará ás 22:00 h con Antimums, High Paw Dj Set (que substitúe a Dakidarría que por accidente doméstico dun dos compoñentes viuse na obriga de cancelar a xira) e Seitura. A partir das 03:00 h arrancará a sesión The Gotxs Party, que se prolongará ata as 04:00 h.
O sábado 13 abrirase cun cabaré travesti entre as 17:00 e as 19:00 h a cargo de Petra Porter, Marinita y sus Maromas e Averío. A programación musical continuará con Mercedes Peón ás19:00 h, seguida de Brassica Rapa ás 20:30 h, Netta Ruffina ás 22:00 h e Sun Iou ás 23:30 h. Xa de madrugada tomarán a remuda Xente Tóxica e DJ Rapante. Entre actuacións haberá tamén sesións de Kimera, BSB MDS e Quinito DJ, mentres que a zona DJ estará a cargo de Esmorgadas.
A xornada de peche, o domingo 14, contará coas actuacións dos Gaiteiros de Couso ás 11:00 h, Gelés Alva ás 13:30 h e Baiona Bay ás 17:00 h, poñendo o broche final a esta primeira edición desta cita cultural e musical de Couso.
Hora
12 xuño, 2026 20:30 - 14 xuño, 2026 17:30(GMT+02:00)
Localización
Campo de fútbol da Comunidade de Montes de Couso
Barrio As Laxes - Casa Veciñal - COUSO - 36389 - Gondomar (Pontevedra)
Hoxe móvese
xullo


