Festa de inauguración Magia en la Manga

15xul12:00Festa de inauguración Magia en la MangaESPECTÁCULOS | De balde12:00

Detalles do eventos

A compañía de maxia Magia en la Manga, fundada en 2019 por tres magos locais, inaugura a primeira escola de maxia de Galicia, situada na rúa Ferrería. Esta escola e sala de espectáculos inaugúrase este sábado 15 ás 12:00 cunha festa na que haberá algo para picar, moi bo ambiente e moita maxia.

Unha vez inaugurado, este fermoso espazo situado no Casco Vello Alto convertirase nun punto neurálxico para os amantes da maxia. Haberá cursos semanais, obradoiros dun día, espectáculos de magos galegos e do resto do Estado nun formato íntimo e tamén visitas para escolares.

Máis

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Magia en la Manga

Rúa Ferrería, 11, 36202 Vigo, Pontevedra