Festa Halloween Familiar – A Movida

outubro, 2018

27out16:00Festa Halloween FamiliarFESTA | De balde con invitación16:00 Círculo Mercantil

Máis

Detalles do evento

Esta festa é de acceso libre para os socios do Círculo Mercantil. Se non o eres podes descargar a invitación cubrindo o seguinte formulario, preme aquí.

A xornada do sábado comezará ás 16:00 co taller de cociña terrorífica.Seguiralle o concurso de disfraces individuais, que se desenvolverá no Mercantil Park e ao que están convidados todos os nenos e nenas socios do Círculo Mercantil. O desfile terá lugar a partir das 18:00 e ao finalizar daranse os premios ao mellor disfrace de neno, ao mellor disfrace de nena, á mellor posta en escena e ao disfrace máis orixinal. Para acabar a xornada, toca mover o esqueleto na disco infantil terrorífica a partir das 19:00.

O domingo comezará tamén ás 16:00 co taller Halloween pintacaras, sen necesidade de inscrición previa. Ás 18:00 será o concurso de disfraces grupales, ideal para que participe toda a familia, e acabaremos de novo bailando e cantando na disco infantil terrorífica. Será nesta xornada cando coñeceremos aos gañadores do concurso de pintura de Halloween, que arrincou o pasado venres 19. Haberá categorías benjamín, infantil e junior nas que poderán participar todos os socios do Mercantil ata o vindeiro sábado 27 ás 20:00 horas. Todas as obras poderán verse no Mercantil Park esta fin de semana.

 

Hora

(Sádado) 16:00

Lugar

Círculo Mercantil

Estrada das Plantas, 131, 36313 Vigo, Pontevedra

X