>

13xuñ(xuñ 13)16:3014(xuñ 14)21:30 Festa - Feira da Cereixa de BeadeAS NOSAS FESTAS | De balde16:30 - 21:30 (14)(GMT+02:00) Centro Cultural de Beade

Detalles do eventos

A parroquia de Beade organiza unha nova edición da Festa – Feira da Cereixa, un evento ao aire libre centrado na degustación das primeiras variedades da tempada. A programación inclúe catas gratuítas, concursos técnicos de calidade e repostaría, así como diversas actividades musicais, folclóricas e infantís.

Sábado 13 de xuño

  • 16:30 h: Cucañas infantís.
  • 18:00 h: Misa ofrenda da cereixa coa actuación da Masa Coral do CSCR de Beade.
  • 19:30 h: Festival de Baile Moderno (Actuacións do Grupo de Baile Moderno e o Grupo de Bachata do CSCR de Beade).
  • 21:00 h: Actuación musical do grupo Los Lunes al Sol.

Domingo 14 de xuño

  • 11:00 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Cornetas, Gaitas e Tambores “Ría de Vigo” do CSCR de Beade e recepción de autoridades.
  • 11:30 h: Inicio da degustación gratuíta de cereixas e apertura dos certames (calidade, derivados, presentación e repostaría), coa animación musical da Charanga OT.
  • 12:00 h: Actuación da formación Orquesta Kv2211.
  • A continuación: Lectura do pregón por D. José Reinaldo Pol García, entrega de premios dos concursos, insignias aos socios de maior antigüidade e imposición das Cereixas de Ouro.
  • 17:00 h: Concurso de Lanzamento de Carabuña e obradoiro de pintacaras.
  • 18:30 h: Animación musical a cargo da Charanga OT.
  • 18:30 h: Inicio do Festival Folclórico (Grupo de Gaitas Arume do CSCR de Beade, Grupo de Pandereteiras A Volta do Demo do CSCR de Beade e Asociación Folclórica Corisco Vigo).
  • 21:30 h: Actuación de clausura co grupo Batea.

Hora

13 xuño, 2026 16:30 - 14 xuño, 2026 21:30(GMT+02:00)